(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Kaula - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kaula

Modelo:Xeografía físicaKaula
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorJames Cook Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Hawai Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Kauai, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 21°39′17″N 160°32′29″O / 21.654722222222, -160.54138888889
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude167 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,5 (ancho) × 1,3 (lonxitude) km
Superficie0,64 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1778 Editar o valor en Wikidata

Kaula (en hawaiano Ka´ula) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 34 km ao suroeste de Niihau.

Características

[editar | editar a fonte]

A illa, con forma de media lúa, é parte do cráter dun volcán antigo practicamente mergullado. A superficie total é de 0,64 km²; e a altitude máxima é de 167 metros. O océano erosionou o litoral creando cantís e covas, particularmente a chamada cova da quenlla, Kahakauaola.

Kaula está deshabitada pero os pescadores frecuéntana. A illa era recordada nas tradicións orais hawaianas e atopáronse algúns restos da súa presenza, pero non hai evidencias de asentamentos permanentes. Ocasionalmente utilizouse como branco para exercicios militares de bombardeo aéreo.