(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Atol Kili - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Atol Kili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kili»)
Modelo:Xeografía políticaAtol Kili
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°37′N 169°07′L / 5.62, 169.12
EstadoIllas Marshall Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación774 (1999) Editar o valor en Wikidata (832,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie0,93 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2MH-KIL Editar o valor en Wikidata

Kili (ou Kõlle, no idioma local) é un atol coralino de 0,93 km no océano Pacífico. Atópase ao suroeste de Jaluit, na cadea Ralik e pertence ás Illas Marshall: é unha das súas illas máis pequenas. Foi coñecido tamén polos nomes Hunter Island (Bennet 1797) e Djeboar Island. Parece que o primeiro barco en arribar á illa foi o mercante inglés Britannia en 1797Ships visiting the Marshall Islands (until 1885)- Kili Island, edited by Dirk H.R. Spennemann. A illa estivo deshabitada ata 1948, cando o goberno de Estados Unidos trasladou aos habitantes do Atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares, tras haberlles situado primeiro na illa de Rongerik e en Kwajalein. En 1978, algúns intentaron o retorno a Bikini, pero foron evacuados de novo pois Bikini seguía contendo índices altos de radioactividad. En Kili residen uns 600 habitantes. Kili non ten lagoa nin protección coralina. Non se pode acceder a ela por vía marítima durante catro meses ao ano debido á furia do mar. Un pequeno aeroporto garante os contactos. O principal produto agrícola é a copra. Polo acordo entre os Estados Unidos e as Illas Marshall, a poboación recibe unha axuda duns 15 dólares ao ano per capita. Dispón dunha escola primaria cuns 150 alumnos.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]