Kosmos 221
Aparencia
Kosmos 221 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 24 de maio de 1968, 7:04 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2] |
Decaemento | 31 de agosto de 1969[1] |
NSSDC ID | 1968-043A |
Masa | 400 kg[6] |
Kosmos 221 (Космос 221 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 13, foi un satélite artificial soviético lanzado o 24 de maio de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][5][7][8][9]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 221 foi o décimo terceiro membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o décimo segundo lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[3][6]
Kosmos 221 foi inxectado nunha órbita inicial de 2108 km de apoxeo e 215 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 108,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 31 de agosto de 1969.[1][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 221" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 221" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 16 July 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (68-16865). 6 de agosto de 1968: 2. A/AC.105/INF.192.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Kosmos 221" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1-Yu (11F618)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-P1-Yu" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ "COSMOS 221 LAUNCHED" (PDF). 6 de xuño de 1968: 869. FLIGHT International. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ "Russia Orbits Cosmos 221" (PDF). 25 de maio de 1968. PITTSBURGH POST-GAZETTE. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ "Reds Launch Cosmos 221" (PDF). 25 de maio de 1968: 53. THE GAZETTE. Consultado o 8 de agosto de 2012.