Kufiya
A kufiya ou keffiyeh (en árabe: كوفية, que significa "da cidade de Kufa" (en árabe: الكوفة); plural كوفيات), tamén coñecida como ghutrah (غُترَة), shemagh (شماغ, chafiye (en persa: چَفیِه) ou cemedanî (en kurdo: جه مه داني), é unha peza de vestir tradicional do Oriente Medio con forma de bufanda a cadros, polo xeral feitos de algodón. É levada polos árabes, así como polos xudeus mizrahi e os kurdos.[1]
É empregado en rexións áridas xa que proporciona protección contra as queimaduras do Sol, o po e a area. O seu recoñecible patrón de cadros pode ter a súa orixe nas antigas representacións mesopotámicas de redes de pesca ou espigas de gran,[2] mais a verdadeira orixe deses patróns aínda é descoñecida.
A finais da década de 1980, a kufiya converteuse nun complemento de moda nos Estados Unidos de América e, durante a década de 2000, fíxose moi popular entre a mocidade de Toquio, onde era vestido como estilo de roupa de camuflaxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. R. Bartlett (19 de xullo de 1973). CUP Archive, ed. The First and Second Books of the Maccabees. p. 246. ISBN 978-0-521-09749-9. Consultado o 17 de april de 2013.
traditional Jewish head-dress was either something like the Arab's Keffiyeh (a cotton square folded and wound around a head) or like a turban or stocking cap
- ↑ Lindisfarne-Tapper, Nancy; Ingham, Bruce (1997). Languages of Dress in the Middle East. Surrey UK: Curzon Press. p. 8. ISBN 0-7007-0670-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kufiya |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Philippi, Dieter (2009). St. Benno Verlag, Leipzig, ed. Sammlung Philippi - Kopfbedeckungen in Glaube, Religion und Spiritualität,. ISBN 978-3-7462-2800-6.
- Jastrow, Marcus (1926). Dictionary of Targumim, Talmud and Midrashic Literature. ISBN 978-1-5656-3860-0. The lexicon includes more references explaining what a sudra is on page 962.