Li Hui
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 刘徽 c. 225 Zibo (Wei) |
Morte | c. 295 (69/70 anos) China, presumiblemente |
Residencia | Cao Wei |
Actividade | |
Ocupación | matemático |
Período de actividade | (Con vida en: século III ) |
Interesado en | Matemáticas |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | House of Liu (en) |
Liu Hui
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 263 editou un libro que compuxera en torno ao inicio da era, coñecido como Jiuzhang Suanshu ou Os nove capítulos da arte matemática, xunto con comentarios moi importantes. Esta obra chegou a ser un dos libros chineses máis famosos no dominio das matemáticas, o gran clásico sobre o que traballaron as xeracións posteriores.
Nos seus comentarios Liu presenta, entre outras cousas,
- unha estimación do número
π a 3,14159 obtida cun algoritmo que aplica iterativamente, e a suxestión de que 3,14 é unha moi boa representación desta constante (a súa estimación realizouna de forma similar á que fixera Arquimedes, considerando un polígono de 192 lados), - o resultado de que a área dun círculo é a metade da súa circunferencia multiplicada pola metade do diámetro,
- a regra de dupla falsa posición,
- a análise de sistemas de ecuacións lineais simultáneas, e
- resultados sobre a área de figuras como o prisma, a pirámide, o tetraedro, o cilindro ou o cono.
Non logrou determinar o volume da esfera, pero escribiu: "deixemos o problema a quenquera que poida decir a verdade ao respecto".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chemla, Karine & Guo Shuchun (2009): Les neuf chapitres: le classique mathématique de la Chine ancienne et ses commentaires. París: Dunod
- Needham, Joseph & C. Cullen (Eds.) (1959): Science and Civilisation in China: Volume III, section 19. Cambridge University Press. ISBN 0-521-05801-5.
- Pla i Carrera, Josep (2009): Liu Hui: nueve capítulos de la matemática china. Madrid: Nivola. ISBN 978-84-92493-43-2.