(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Liberio, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Liberio, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiberio, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 310 Editar o valor en Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 366 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
36º Papa
17 de maio de 352 – 24 de setembro de 366
← Xulio IDámaso I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de agosto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Di_Roma-74

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Liberio e o arrianismo

[editar | editar a fonte]

O pontificado de Liberio sitúase nun período no cal o dogma da Igrexa oficial, tal como fora fixado polo Primeiro Concilio de Nicea, era contestado con forza polos partidarios do arianismo. O emperador Constancio II apoiaba a estes últimos e mesmo desterrou o patriarca Atanasio de Alexandría, vigoroso defensor do concilio niceano. Constancio obtivo, nos concilios de Arlés e de Milán, o apoio da maioría dos bispos occidentais. Mais unha parte deles, con todo, indignouse. Este foi o caso do papa Liberio, a quen Constancio forzou ao exilio en Beroea, Tracia, en 355.

Constancio levantou esa medida tres anos máis tarde, en 358, podendo Liberio regresar a Roma.

Numerosos historiadores antigos e modernos suxiren que Liberio asinara unha das fórmulas do Sínodo de Sirmium, condenando a san Atanasio, e en parte dando satisfacción aos arianos. Consideran que Liberio obrou por debilidade e non por convicción. Esta tese sostense en escritos contemporáneos, especialmente os do mesmo san Atanasio, é tamén nos de Edward Gibbon.

Segundo a tese contraria, Constancio liberaría ao papa cedendo ás presións do pobo romano.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.