Estevo III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
- Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | p. 720 Siracusa, Italia |
Morte | 24 de xaneiro de 772 (51/52 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
94º Papa | |
11 de agosto de 768 – 1 de febreiro de 772 (Gregoriano) ← Paulo I – Hadrián I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Stephen III. |
Estevo III (IV), nado en Siracusa e finado en Roma o 24 de xaneiro de 772, foi Papa do Igrexa católica do 768 ao 772.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando o Papa Paulo I morre, desígnase como Papa un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte. Entón, o duque de Nepi provoca unha insurrección armada e proclama anticanonicamente como Papa o seu irmán, o laico que tomará o nome de Constantino II e que logo de ser derrotado é considerado pola Igrexa como Antipapa.
Estevo IV, que residía en Roma desde que deixou a súa cidade natal baixo o pontificado de Gregorio III, realizara varias funcións, cada vez máis importantes, polos sucesivos Santos Pais ata que, unha vez deposto a Antipapa Constantino, foi escollido Papa. Durante o seu pontificado destaca a celebración en 769 dun Concilio do Laterán no que, entre outras medidas, se estableceu que o Papa tería que ser escollido entre os cardeais, se condenou o Antipapa Constantino e se condenou a iconoclastia confirmando a práctica da devoción ás iconas.
Na política exterior produciuse a morte de Pipino o Breve o mesmo ano da súa elección como Papa de Roma, o cal provocou un afastamento da política dos seus antecesores, debido ao distanciamento aos reis francos e o achegamento aos longobardos, a raíz do matrimonio celebrado polo novo rei franco Carlomagno coa filla do rei longobardo Desiderio de Istria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo III, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |