(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Libra da Illa de Man - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Libra da Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libra da Illa de Man
Punt Ellan Vannin (Manx)
Manx pound (inglés)
Código:IMP ou GBP
Ámbito: Illa de Man
(xunto coa libra esterlina)
Símbolo:£
Fracción:100 peniques
Moedas:1, 2, 5, 10, 50 peniques e 1 e 2 £
Billetes:1, 5, 10, 20 e 50 £
Emisor:Departamento do Tesouro da Illa de Man
Taxa de troco:
21-03-2010
1 EUR = 0.9011 GBP
1 USD = 0.6658 GBP
ou GBP&submit=Convertir Troco actual

A libra da Illa de Man ou Libra Manesa (Manx: Punt Ellan Vannin; Inglés: Manx pound) é a divisa oficial da Illa de Man, unha dependencia da Coroa británica. É emitida polo Goberno da Illa de Man (Reiltys Ellan Vannin en manx, Isle of Man Government en inglés). A pesar de todo, a libra da Illa de Man non é, legalmente falando, unha unidade monetaria independente, senón que se trata dunha emisión especial da libra esterlina para a Illa.

Ao non tratarse dunha moeda independente, non ten un código ISO 4217 específico. Polo tanto, comparte o código estándar internacional das moedas británicas, GBP, aínda que se acostuma a empregar tamén o código non oficial IMP. O símbolo máis habitual da libra da Illa de Man é £. Subdivídese en 100 peniques.

A Illa de Man emite billetes dende 1840; e dende 1971, ano no que se leva a cabo a decimalización da libra esterlina, emite tamén moedas. A libra da Illa de Man ten o mesmo valor que a esterlina e ámbalas dúas poden ser empregadas na Illa, cousa que non sucede ao revés, xa que a libra da Illa de Man non se acepta no resto do Reino Unido. Isto aplícase sobre todo no caso dos billetes, xa que as moedas si que circulan no resto do Reino Unido debido a que teñen a mesma forma e tamaño que as moedas de libra esterlina.

Moedas e billetes

[editar | editar a fonte]

Circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e de 1, 2 e 5 libras, e billetes de 1, 5, 10, 20 e 50 libras. Como se pode comprobar, algúns valores están representados tanto en moedas como en billetes.

O anverso, tanto das moedas coma dos billetes conta coa efixie da raíña Isabel II do Reino Unido, mentres que o reverso mostra paisaxes e elementos tradicionais da Illa de Man, coma por exemplo o tríscele nas moedas dunha libra.

As imaxes que aparecen nos billetes da Illa son as seguintes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Penique da Illa de Man de 1839