Mago de Oz (personaxe)
O Mago de Oz ou Feiticeiro de Oz (Oscar Diggs) é o nome polo que se coñece o personaxe ficticio dos libros da serie sobre a Terra de Oz, do escritor norteamericano L. Frank Baum, que asume o papel de bruxo para dominar e ser recoñecido. Tamén é o protagonista ou personaxe dos distintos filmes sobre Oz.
Literatura
[editar | editar a fonte]O Mago Oscar Diggs xorde no primeiro libro, O mago de Oz (The Wonderful Wizard of Oz), como morador da Cidade Esmeralda, fundada por el mesmo, na Terra de Oz - un mundo fantástico, habitado por varios pobos e dominado por bruxas malvadas do Leste e do Oeste.
O Mago preséntase coma un vello artista de circo, que fora un mago ilusionista, e que unha tempestade lévao nun globo para Oz. Cando chega, para se protexer das bruxas, finxe ser un poderoso feiticeiro e crea, mediante moitos trucos, o mito de que é verdadeiramente un bruxo.
Procurado pola nena Dorothy Gale, é revelado o seu segredo. Despois de ter esta derrotado as dúas bruxas malvadas, o Mago tenta regresar ao mundo real con ela, construíndo un novo globo - mais este parte sen ela, accidentalmente.
O meigo retorna a Oz, xunto a Dorothy e un burro no cuarto libro da serie - aínda que a Terra de Oz propiamente dita non figure no enredo, xa que ambos, xunto ao neno Zeb, un cabalo e a nova amiguiña de Dorothy, unha gatiña chamada Eureka, enfróntanse a novos perigos e aventuras nun mundo subterráneo.
Neste volume, Baum revela que Oz traballaba nun circo chamado Bailum & Barney, que alén de tres pistas, tiña un zoolóxico itinerante.
Cinema
[editar | editar a fonte]No mítico filme de 1939 o personaxe interpretábao Frank Morgan.
No filme de 2013 Oz: The Great and Powerful, o personaxe de Oz (Oscar Diggs) interprétao James Franco.