(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Memphis, Tennessee - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Memphis, Tennessee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Memphis»)
Modelo:Xeografía políticaMemphis, Tennessee
Memphis (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoMenfis Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°07′03″N 89°58′16″O / 35.1175, -89.9711
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTennessee
Condado (pt) TraducirCondado de Shelby (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación633.104 (2020) Editar o valor en Wikidata (749,07 hab./km²)
Número de fogares255.756 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaMemphis metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:1.337.779) Editar o valor en Wikidata
Superficie845,184288 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,7619 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Mississippi Editar o valor en Wikidata
Altitude103 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1819 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Memphis, Tennessee (en) Traducir Editar o valor en WikidataPaul Young (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77340 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico901 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmemphistn.gov Editar o valor en Wikidata

Memphis é unha cidade do estado americano de Tennessee, situada no río Mississippi na súa unión co río Wolf. Está situada no Condado de Shelby, do que é capital. O seu reclamo turístico fundamental é Graceland, lugar onde viviu e faleceu Elvis Presley. Tamén é coñecida polo seu equipo de baloncesto, os Memphis Grizzlies. No 2007 tiña 674.028 habitantes, cifra que ascende ata 1 196 000 na área metropolitana. A cidade é moi coñecida pola música blues. En Memphis viviron Elvis Presley e B. B. King, e naceron artistas como Aretha Franklin, Carla Thomas, James Carr e Anita Ward.

Memphis está situada nun estratéxico punto da ribeira oriental do Misisipi, sendo un asentamento da tribo Chickasaw. O soado explorador español Hernando de Soto, xunto á súa tropa, foi o primeiro europeo que explorou a zona, acampando nela en 1541. Os franceses construíron nas proximidades Fort Prudhomme (ou Fort Assumption) en 1739 como parte da colonia de Luisiana. En 1790 España anexou a área ao goberno da Luisiana Española e construíuse o Forte de San Fernando de las Barrancas ao belixerar apoiando á Guerra de Independencia Estadounidense contra os ingleses. Neste forte os españois levantaron un faro, pero tras o Tratado de París de 1783, Inglaterra cedera o territorio aos recentemente emancipados estadounidenses polo que estes tomaron o control da área rebautizando de San Fernando das Barrancas como Fort Adams (1797). En 1818, mediante un forzoso tratado, a nación Chickasaw cedeu os seus territorios aos Estados Unidos. A localidade actual fundouse en 1819, converténdose en cidade en 1826. Tras a Batalla de Memphis (durante a Guerra de Secesión), o 6 de xuño de 1862, as tropas nordistas conquistaron Memphis aos sudistas. Unha epidemia de febre amarela reduciu a poboación considerablemente en 1870. Entre 1910 e 1950 en Memphis desenvolveuse o clientelismo político baixo a dirección de E. H. Crump.

Lexislación e Goberno

[editar | editar a fonte]

Desde 1963 a cidade gobérnaa o alcalde que ostenta o poder executivo e o concello que ostenta o poder lexistativo. O concello estaba formado por trece membros, dos que seis eran elixidos nunha circunscricón única que abranguía toda a cidade e sete elixidos por distritos. Pero tras a aprobación da Lei de dereito de voto de 1965 os activistas dos dereitos civís lograron eliminar as eleccións de distrito único nos tribunais por resultarlle máis difícil ás minorías elixir candidatos da súa elección e en 1995 a cidade adoptou un novo sistema de elección de concelleiros, dividindo a cidade en nove distritos, sete dos cales elixen un concelleiro e os outros dous elixen tres cada un. O alcalde elíxese nunha votación separada dos concelleiros e é un alcalde con poderes fortes (Strong Mayor Form)[1]. Nos últimos anos propúxose a idea de unir a alcaldía da cidade co goberno do condado, creando un goberno metropolitano como o que existe na próxima Nashville.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Memphis está situada a 35º7'3 N, 89º58'16 O. Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten 763,4 Km², dos cales un 5,24% é superficie acuática.

Área Metropolitana

[editar | editar a fonte]

Memphis é a cidade principal dunha rexión metropolitana que inclúe partes dos estados de Tennessee, Mississippi e Arcansas. A área metropolitana inclúe os condados de Fayette, Tipton, Shelby (en Tennessee), DeSoto, Marshall, Tate, Tunica (en Mississippi) e Crittenden (en Arcansas).

Antigo tranvía de Memphis.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2000, a cidade ten 850.100 habitantes, dos cales 350.721 son propietarios, e 258.455 familias vivindo nela. A densidade de poboación é de 1098,6 habitantes / Km². Por grupos étnicos, un 34,41% son brancos, un 61,41% son negros, un 0,19% son nativos americanos, un 1,46% son asiáticos, un 2,97% son latinos, e un 2,5% doutras razas ou de máis dunha raza.

Por pisos de idade, un 27,9% da poboación é menor de 18 anos, un 10,8% está entre 18 e 24, un 30,7% entre 25 e 44, un 19,7% entre 45 e 64 e un 10,9% é maior de 65 anos. A media de idade está en 32 anos. Hai 9 homes para cada 10 mulleres. O ingreso medio por familia é de 32.285$, sendo o ingreso per cápita de 17.838$. Un 20% da poboación e un 17% das familias están por baixo do limiar da pobreza.

Economía

[editar | editar a fonte]

Memphis produce pezas téxtiles, pianos, partes de automóbiles e camións, e material de calefacción. Na cidade sitúanse as oficinas centrais de FedEx. O Aeroporto Internacional de Memphis, ao ser a base principal de FedEx é o aeroporto con máis tráfico de carga do mundo. O AutoZone e Piggly Wiggly foron fundados nesta cidade. As autoestradas interestatais I-40, I-240 e I-55 son as principais autoestradas da zona. As futuras I-22 e I-69 está planificado que terminen en Memphis. O transporte público na zona metropolitana está xestionado pola Memphis Area Transit Authority, estando formado por autobuses e tranvías.

Ponte Hernando de Soto sobre o río Mississippi.

Turistas de todo o mundo acoden á cidade para ver Graceland, a casa de Elvis Presley. Os Estudos Sun, onde Elvis gravou My Happiness e That's When Your Heartaches Begin tamén están na cidade. Outros famosos que comezaron en Sun foron Johnny Cash, Rufus Thomas, Charlie Rich, Howlin' Wolf, Roy Orbison, Carl Perkins e Jerry Lee Lewis.

Os amantes da música blues adoitan ir á Beale Street, onde B. B. King tocaba a súa guitarra, e ocasionalmente aparece por un club co seu nome do cal el é propietario. Hai un parque de atraccións Libertyland xunto á Boleira Liberdade, o Museo da Infancia de Memphis, Illa Mud, Detour Memphis, o Centro da Natureza Lichterman, o Museo Palacio Rosa, a Pirámide de Memphis, o Zoo de Memphis e o barco fluvial Raíña de Memphis.

A feira do Medio-Sur está en Memphis cada outono, e en maio celébrase o festival Memphis en maio. Cada ano, a cidade homenaxea a un país estranxeiro, e cada fin de semana acolle un evento especial, como o Campionato Mundial de Cociña en Grellada ou o Festival de Música da Rúa Beale. O Entroido de Memphis, anteriormente coñecido como o Entroido de Algodón de Memphis, é unha serie de festas e festivais que son realizados pola Asociación do Entroido de Memphis, e ten lugar a principios de verán. O entroido rende tributo a varios aspectos de Memphis e as súas industrias, e cada ano elíxese a un Rei e Raíña do entroido.

É a sede do equipo da NBA, os Memphis Grizzlies.

  1. "Form of Governement in Tennessee Cities of 4400 + Population" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2015. Consultado o 02 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017