Miguel Ángel Lotina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Ángel Lotina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Meñaka, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1977-1978 Gernika Club
1978-1981 Club Deportivo Logroñés
1981-1983 Club Deportivo Castellón 30(3)
1983-1988 Club Deportivo Logroñés 77(27) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2018- Cerezo Osaka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Miguel Ángel Lotina Oruechebarría, nado en Meñaka (Biscaia) o 18 de xuño de 1957 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba na demarcación de dianteiro e destacou no desaparecido Logroñés, club do que é o máximo goleador histórico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

En Meñaka pasou a súa infancia Miguel Ángel Lotina, o menor de oito irmáns. Aprendeu castelán no colexio ben entrada a súa mocidade. Futbolista desde os 20 anos, sempre foi seguidor do Athletic de Bilbao. Dúas das súas irmás, Francisca e Begoña, eran misioneiras do Sagrado Corazón e estiveron en Kenya e o Camerún.

Empezou xogando no CD Munguía e no Gernika Club, en Terceira División, para pasar logo ao CD Logroñés. Militou oito tempadas no club rioxano, ascendendo de Segunda B a Primeira División e converténdose no máximo goleador da historia do club, con 102 goles.[1] Tamén xogou dúas tempadas no CD Castellón entre 1981 e 1983.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Xa como técnico, leva máis de 30 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao CD Numancia, que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada 1995-1996 tivese unha incríbel racha na Copa do Rei eliminando a tres "primeiras" (Real Sociedad, Racing de Santander e Sporting) e tras estar a piques de eliminar tamén ao FC Barcelona. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no CD Logroñés B durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen o contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña 1996-97.

Máis tarde dirixiu o CD Badajoz (1997-98), outra vez ó CD Numancia (1998-99), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao Osasuna, equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o Celta de Vigo, equipo que levou á Liga de Campións por primeira e única vez na historia (2002-2004), e o RCD Espanyol co que conseguiu a Copa do Rei (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos bancos.

Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara José Mari Bakero nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo Sávio o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso (Herrera, Víctor López e Jesuli). Ademais en Donostia non chegaron nunca a entender o excesivo conservadorismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.

Tras deixar a Real Sociedad ficha polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira tempada consegue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a Copa Intertoto, competición na que consigue unha praza para a Copa da UEFA do ano seguinte. O 23 de maio de 2011 anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo á Segunda División, deixando unha amarga lembranza entre os seareiros branquiazuis pola súa formulación excesivamente defensiva e a pouca confianza que expresaba.[2]

O 19 de marzo de 2012, o Villarreal CF confirmou a súa contratación tras despedir a José Francisco Molina debido aos malos resultados e á posición do equipo na clasificación. Así, Lotina chegou co obxectivo de intentar manter en primeira división ao conxunto amarelo.[3] Ao final da tempada o equipo descendeu a Segunda División.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Espanyol

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]