NGC 1300
NGC 1300 | |
---|---|
Unha imaxe do Telescopio Espacial Hubble da galaxia NGC 1300. Créditos: HST/NASA/ESA. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de galaxia | (R')SB(s)bc[1] |
Ascensión recta | 03h 19m 41.1s[1] |
Declinación | -19° 24′ 41″[1] |
Corremento cara ao vermello | 0,005260 (1577 ± 4 km/s)[1] |
Distancia | 61,3 MAl (18,8 Mpc)[2] |
Magnitude aparente | 11,4[1] |
Dimensións aparentes | 6′,2 × 4′,1[1] |
Constelación de | Eridanus |
Características físicas | |
Diámetro | 150.000 al[3] |
Outras designacións | MCG-03-09-018,[1] ESO 547 -G 31,[1] PGC 12412[1] |
NGC 1300 é unha galaxia en espiral barrada que está a uns 61,3 millóns de anos luz de distancia, na área que ocupa a constelación de Eridanus. A galaxia ten uns 150.000 anos luz de diámetro; só un pouco máis grande cá nosa Vía Láctea. é posible que esta galaxia sexa parte do Cúmulo de Eridanus.[3] Foi descuberta por John Frederick William Herschel no ano 1835.[4]
Imaxe
[editar | editar a fonte]A imaxe da caixa de información foi tomada polo Telescopio Espacial Hubble en setembro do ano 2004. É unha composición feita con catro filtros: azul (cunha lonxitude de onda ó redor dos 435 nm), visual (555 nm), infravermella (814 nm) e hidróxeno-alfa (658 nm).[5] Esta imaxe a gran resolución proporcionou moitos detalles pequenos, parte dos cales nunca foran vistos, pódese ver con toda claridade os brazos da galaxia, así coma o seu disco, o seu avultamento e o seu núcleo. Pódense apreciar moitas xigantes vermellas e azuis, así coma rexións de nacemento de estrelas ó longo dos brazos en espiral, tamén se poden ve-las formacións e estruturas visuais creados polo po da galaxia. Son tamén visibles numerosas galaxias de fondo, algunhas delas visibles a través das densas áreas da NGC 1300.[Cómpre referencia]
O núcleo da grande estrutura en espiral da NGC 1300 amosa o seu extraordinario e distintivo tamaño duns 3.300 anos luz de ancho, só as galaxias de gran tamaño poden amosar estes núcleos cunha espiral propia (dentro da gran espiral da galaxia). Algúns modelos suxiren que é gas esta sendo absorbido cara a dentro nun remuíño en forma de espiral, e esta pequena espiral interior do núcleo proporcionaría materia para un posible burato negro no centro da galaxia. Non se sabe se NGC 1300 ten un núcleo activo, se non ten un núcleo activo, iso podería indicar que non ten un burato negro no centro ou que este non está absorbendo materia.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for NGC 1300. Consultado o 24-05-2012.
- ↑ Atkinson, J.W.; et al. (Maio do 2005). "Supermassive black hole mass measurements for NGC 1300 and NGC 2748 based on HST emission-line gas kinematics". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 359 (2): 504–520. Bibcode:2005astro.ph..2573A. doi:10.1111/j.1365-2966.2005.08904.x. arXiv:astro-ph/0502573
- ↑ 3,0 3,1 An Atlas of The Universe (ed.). "The Fornax and Eridanus Clusters". Consultado o 24-05-2012.
- ↑ Seligman, Courtney. "Celestial Atlas: NGC Objects: NGC 1300 - 1349". cseligman.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 25 July 2015.
- ↑ NASA, ESO, ed. (publicada 10-01-2005). "Image of the Beautiful Barred Spiral Galaxy NGC 1300". News Release: STScI-2005-01. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2014. Consultado o 24-05-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: NGC 1300 |
- NGC 1672 - unha galaxia en espiral moi semellante