Oliver Kahn
Oliver Rolf Kahn (AFI: ˈɔ.lɪ.vɐ ˈkʰaːn), nado en Karlsruhe (Baden-Württemberg) o 15 de xuño de 1969[1], é un exfutbolista alemán que xogaba na posición de porteiro.
Comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Karlsruher SC e doce anos máis tarde debutou como profesional. En 1994 foi transferido ao FC Bayern München, onde xogou ata a fin da súa carreira, no 2008.
Oliver Kahn é un dos futbolistas alemáns máis exitosos da historia recente, con 8 títulos da Bundesliga, 6 Copas de Alemaña, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Copa Intercontinental. Considerado como un dos mellores porteiros de todos os tempos, as súas contribucións individuais fixeron que obtivera o récord de gañar catro anos consecutivos o premio de Mellor Porteiro de Europa da UEFA, ademais de tres premios de Mellor porteiro do Mundo segundo a IFFHS e dous trofeos como Futbolista do ano en Alemaña. No Mundial de Fútbol de 2002, Kahn converteuse no primeiro porteiro da historia en gañar o Balón de Ouro do Mundial. Kahn ocupa o quinto posto na lista dos mellores do século XXI da IFFHS e tamén o quinto posto na lista dos mellores porteiros dos últimos 25 anos.[2]
Dende 1994 ata 2006, Kahn formou parte da selección de fútbol de Alemaña, onde xogou dende a retirada de Andreas Köpke. Con esta selección gañou a Eurocopa 1996, aínda que el non xogou ningún partido. No Mundial do 2002, a pesar de que Alemaña non estaba entre as favoritas, a actuación de Kahn foi clave para alcanzar a final, na que Alemaña perdeu contra Brasil, e na que Kahn cometeu un erro, que non obstante, non impediu que recibira o trofeo como mellor xogador do torneo.
Con 557 encontros disputados é o terceiro futbolista e o primeiro gardameta con máis encontros disputados na historia da Bundesliga.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karlsruher SC
[editar | editar a fonte]Con seis anos de idade, Kahn uniuse ao Karlsruher SC, equipo no que xogara seu pai Rolf dende 1962 ata 1965. Comezou como xogador de campo, pasando despois á posición de porteiro.[4]
Kahn foi incluído no equipo profesional do club na tempada 1987-1988 da primeira división da Bundesliga, comezando como porteiro suplente, por detrás do titular Alexander Famulla. O seu debut produciuse o 27 de novembro de 1987 nun partido contra o 1. FC Köln, que rematou cunha vitoria por 4-0. Pero non foi ata 1990 cando o adestrador Winfried Schäfer decidiu colocalo no equipo titular. Nos seguintes anos, Kahn converteuse nun porteiro de calidade contribuíndo a establecer ao Karlsruher SC como un dos mellores equipos da Bundesliga. O seu maior logro co Karlsruher SC foi alcanzar as semifinais da Copa da UEFA na tempada 1993-94. Nese torneo o Karlsruher obtivo unha histórica vitoria por 7-0 no encontro de volta ante o Valencia CF[5], despois de ser derrotado no encontro de ida por 3-1. Oliver Kahn permaneceu no club durante sete tempadas.
FC Bayern de Múnic
[editar | editar a fonte]As actuacións de Kahn no Karlsruher fixeron que o FC Bayern München se interesase por el e finalmente o fichase no inicio da tempada 1995-1996 como substituto de Raimond Aumann, por unha cifra de 4,6 millóns de marcos (2,38 millóns de euros), disputando 23 encontros. Na tempada 1995-96, sufriu unha lesión no ligamento cruzado que o mantivo lonxe dos terreos de xogo durante case seis meses. Dous meses despois do seu retorno, debutou coa selección nacional. Esa mesma tempada, o Bayern gañou a Copa da UEFA, tras derrotar na final ao Girondins de Bordeos.[6] Na tempada 1996-1997 gañou co Bayern a Copa da Liga[7] e foi nomeado como Porteiro Alemán do Ano por segunda vez (a primeira fora en 1994). En 1999, alcanzou a final da Liga de Campións, onde se enfrontou ao Manchester United. Aínda que o Bayern foi gañando case todo o partido tras o gol de Mario Basler no minuto 6, o Manchester deulle a volta ao marcador no tempo de desconto con dous goles de Teddy Sheringham e Ole Gunnar Solskjær, que entraran de suplentes[8]. Ese mesmo ano Kahn foi nomeado Mellor Porteiro do Mundo pola IFFHS.[9]
O 3 de marzo de 2001, nos instantes finais dun partido contra o Hansa Rostok, no que o Bayern perdía 2-3, Kahn subiu á área contraria a rematar un córner. Acabou marcando pero fíxoo golpeando o balón cos puños e foi inmediatamente expulsado. Foi o único cartón vermello que viu no Bayern e o segundo da súa carreira.[10]
Na tempada 2000-01 o Bayern gañou a Liga de Campións, tras unha quenda de penaltis contra o Valencia na final, na que Kahn parou tres e foi elixido como Xogador do partido.[11] Ademais a UEFA entregoulle o Premio ao Xogo Limpo por ser o único que tentou consolar ao porteiro rival, Santiago Cañizares.[12] Máis tarde ese ano, o Bayern perdeu a Supercopa de Europa pero gañou a Copa Intercontinental contra o Boca Juniors en Toquio.
Debido a lesións e problemas persoais, o seu nivel empezou a diminuír despois da tempada 2002-03. Na liga de Campións da tempada 2003-04, Kahn deixou entrar un tiro fácil de Roberto Carlos na portaría do Bayern contra o Real Madrid, contribuíndo á eliminación do seu equipo da competición. Con todo, desde a tempada 2003-04 e a pesar da súa idade, as actuacións de Kahn melloraron considerablemente.
O 2 de setembro do 2007, con 38 anos, xogou o seu partido número 537 na Bundesliga, converténdose no porteiro con máis partidos xogados.
Ademais Kahn é o segundo porteiro da Bundesliga que máis minutos permaneceu invicto: 803 minutos sen recibir un gol. Timo Hildebrand superouno na tempada 2006-2007 ao permanecer 885 minutos sen recibir un gol. O 1 de maio de 2008 Kahn dixo adeus á competición europea disputando o seu último partido da Copa da UEFA contra o Zenit de San Petersburgo nas semifinais de devandita competición, caendo eliminado o Bayern tras recibir un contundente 4-0. O 17 de maio de 2008, Kahn disputou o seu último partido na Bundesliga coa camiseta do Bayern de Múnic contra o Hertha de Berlín, cun resultado final de 4-1 a favor do Bayern. Kahn foi substituído no minuto 89 por Michael Rensing, o seu sucesor na meta do conxunto bávaro, baixo unha forte ovación do público do Allianz Arena. Este partido foi o número 557 de Kahn na Bundesliga[13], establecendo a marca de terceiro xogador con máis partidos disputados na historia desa competición. Tamén nese mesmo partido Kahn logrou a súa última marca como xogador: a de menos goles encaixados nunha tempada. Kahn encaixou 21 goles en 34 partidos, marca que até ese momento pertencía ao Werder Bremen.
Oliver Kahn puxo fin á súa carreira en setembro de 2008 nun partido amigable do Bayern de Munich contra a selección alemá de fútbol.[14]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de fútbol de Alemaña en 96 ocasións. Aínda que xa fora convocado coa súa selección en 1994, o seu debut como internacional produciuse o 23 de xuño de 1995 nun encontro contra Suíza. Foi convocado para a Eurocopa 1996, aínda que non chegou a disputar nin un só encontro. Participou na Copa Mundial de Fútbol de Corea e o Xapón de 2002 disputando sete encontros contra Arabia Saudita, o Camerún, Irlanda, Paraguai, Estados Unidos, Corea do Sur e a final contra Brasil. Kahn foi o capitán da Selección alemá e disputou todos os partidos dese Mundial e xunto a Oliver Bierhoff e a Oliver Neuville formou o trío de "o tres Oliver" . Conseguiu o subcampionato ao perder na final contra Brasil por 2:0. Kahn recibiu só tres goles no campionato e foi decisivo para o seu equipo, polo que foi elixido mellor xogador do torneo, no cal recibiu o Balón de ouro e o Premio Lev Yashin.
Pouco antes de comezar a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Jürgen Klinsmann, naquel momento director técnico do combinado xermano, anunciou a titularidade de Jens Lehmann na porta da selección, quedando así Oliver Kahn como o segundo porteiro, o cal foi un gran golpe inesperado para el. Foi debido a unha disputa entre o lendario Franz Beckenbauer e o técnico da selección. Só xogou o partido polo terceiro posto (Portugal-Alemaña 1:3). Ao finalizar o torneo, anunciou o seu retiro da selección nacional.
Participacións en Copas do Mundo
[editar | editar a fonte]Mundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol de 1994 | Estados Unidos | Cuartos de final |
Copa Mundial de Fútbol de 1998 | Francia | Cuartos de final |
Copa Mundial de Fútbol de 2002 | Corea do Sur e o Xapón | Subcampión |
Copa Mundial de Fútbol de 2006 | Alemaña | Terceiro lugar |
Participacións en Eurocopa
[editar | editar a fonte]Torneo | Sede | Resultado |
---|---|---|
Eurocopa 1996 | Inglaterra | Campión |
Eurocopa 2000 | Bélxica e Países Baixos | Primeira fase |
Eurocopa 2004 | Portugal | Primeira fase |
Participacións en Copas FIFA Confederacións
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano | Partidos |
---|---|---|---|
Karlsruher SC | Alemaña | 1987 - 1994 | 148 |
Bayern Munich | Alemaña | 1994 - 2008 | 632 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos Nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1997 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1997 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1998 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1998 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1999 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1999 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2000 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2000 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2000 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2001 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2003 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2003 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2004 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2005 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2005 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2006 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2006 |
Copa da liga de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2007 |
1. Bundesliga | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2008 |
Copa de Alemaña | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 2008 |
Campionatos Internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Equipo (*) | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Copa da UEFA | F.C. Bayern Múnic | Alemaña | 1996 |
Eurocopa | Selección Alemá | Inglaterra | 1996 |
UEFA Champions League | F.C. Bayern Múnic | Italia | 2000-01 |
Copa Intercontinental | F.C. Bayern Múnic | Xapón | 2001 |
(*) Incluíndo a Selección
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Mellor porteiro de Europa[15] | 1999 |
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] | 1999 |
Porteiro do Ano da UEFA | 1999 |
Mellor porteiro de Europa | 2000 |
Futbolista alemán do ano[16] | 2000 |
Porteiro do Ano da UEFA | 2000 |
Futbolista alemán do ano | 2001 |
Mellor porteiro de Europa | 2001 |
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] | 2001 |
Balón de Bronce (France Football) | 2001 |
Premio Bambi | 2001 |
Porteiro do Ano da UEFA | 2001 |
Mellor porteiro de Europa | 2002 |
Premio Lev Yashin[17] | 2002 |
Balón de Ouro (Mellor Xogador da Copa Mundial de Fútbol) | 2002 |
Equipo das Estrelas da Copa Mundial de Fútbol de 2002 | 2002 |
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] | 2002 |
Balón de Bronce (France Football) | 2002 |
Porteiro do Ano da UEFA | 2002 |
Segundo Xogador Mundial | 2002 |
Futbolistas FIFA 100 | 2004 |
Premio Bambi | 2006 |
Vida privada
[editar | editar a fonte]Kahn naceu en Karlsruhe, nunha familia con raíces letonas: seu pai Rolf naceu en Liepāja, fillo dunha nai letoa e un pai alemán do Báltico.[18] Rolf xogou profesionalmente no Karlsruhe SC, así como o seu fillo Axel, o irmán máis vello de Oliver Kahn.[19]
No 2009, ofrecéronlle adestrar ao FC Schalke 04 pero rexeitou a oferta.[20]
En 2011, un xulgado alemán multou Kahn con 125.000 € por evasión de impostos, por non declarar máis de 6000 € en roupa de luxo comprada en Dubai.[21]
Desde outubro de 2016, Kahn é dono e fundador de Goalplay, unha empresa dedicada á fabricación de luvas de porteiro e ao adestramento de novas promesas do fútbol.[22][23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Artigo sobre Oliver Kahn na Encyclopædia Britannica en liña". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Buffon, o mellor do século XXI" (en italiano). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Xogadores con máis partidos na Bundesliga". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Carreira de Oliver Kahn". www.oliver-kahn.de (en alemán). Archived from the original on 24 de maio de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Copa da Uefa 1993-1994". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Copa da UEFA 1996". www.uefa.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Copa da Liga 1997". www.weltfussball.de (en alemán). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Manchester United-Bayern de Múnich: o minuto do século". As (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ Saltar a: 9,0 9,1 9,2 9,3 "Mellor porteiro do mundo según a IFFHS". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Datos sobre Oliver Kahn". www.fussballdaten.de (en alemán). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Final Champions League 2001. El Bayern conquistó Europa en los penaltis" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "El hombre demolido" (en castelán). 24 de mayo de 2001. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Oliver Rolf Kahn - Partidos e goles na Bundesliga". rsssf.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Oliver Kahn Bids Farewell to Football" (en inglés). 3 de setembro de 2008. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ "Premios da UEFA". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2018.
- ↑ "Futbolista alemán do ano". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Premio Lev Yashin". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Der Viertel-Lette" (en alemán). 11 de maio de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ ""Wer kann mir noch was sagen?"". Spiegel (en alemán). 5 de xuño de 2002. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Oliver Kahn non ve o seu futuro no Schalke". Der Westen (en alemán). 11 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Oliver Kahn multado con 125.000€ por evasión de impostos" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "About us - Founder and Coaches". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xullo de 2018.
- ↑ "Oliver Kahn geht unter die Gründer – und seine Fans flippen aus". Gründerszene.