Owaraha
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago das illas Salomón | |||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago das illas Salomón | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Salomón | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 4,5 () × 5,6 () km | |||
Superficie | 15,7 km² | |||
Owaraha ou Owa Raha (antes Santa Ana) é unha illa das Illas Salomón, que se atopa na provincia de Makira-Ulawa.
Descrición
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Esta pequena illa de coral ten 5´6 km de longo e 4´5 km de largo. Está situada no extremo oriental de Makira (San Cristóbal), separada dela por un estreito de 7´5 km de ancho, e xusto ao norte da pequena Owariki (Santa Catalina). A distancia entre Owaraha e Owariki atopa é de só 2´5 km. A illa conta con dúas vilas principais Gupuna (ou Ghupuna) e Nafinotoga. Os habitantes de Owaraha falan a Lingua Owa e comparten a mesma cultura coa xente de Owariki e co extremo oriental da illa de Makira. Os clans Pagewa e Aiga Tatari de Owaraha e outras illas próximas afirman descender dos refuxiados de Teonimanu que foi arrasada.
Historia
[editar | editar a fonte]Owaraha foi habitada ao redor do 1280 a.C., de acordo cos achados en dúas covas Rate e Feru. O navegante español Álvaro de Mendaña de Neyra descubriu a illa en 1568.
O primeiro avistamento rexistrado polos europeos foi a expedición española de Álvaro de Mendaña o 4 de xullo de 1568. Máis precisamente, o avistamento e tamén o desembarco en Owahara debeuse a unha viaxe local realizada por un pequeno barco, o bergantín Santiago, comandado por Francisco Muñoz Rico e tendo a Hernán Gallego como piloto. Chamárona Santa Ana.[1][2]
Owaraha foi visitado polo antropólogo e fotógrafo austríaco Hugo Bernatzik en 1932. Bernatzik documentou coidadosamente a vida cotiá dos habitantes da illa e publicou unha etnografía un ano máis tarde. Tamén tomou algunhas das primeiras e mellores fotografías dos insulares, que reflicten unha cultura que consideraba moribunda en contacto co mundo moderno.[3]
Durante a súa estadía en Owaraha Bernatzik coñeceu a Heinrich Küper, un aventureiro alemán que vivía na aldea de Gupuna. Küper estaba casado cunha respectable muller local, Kafagamurirongo, e foi o único branco que alcanzou o status de arafa (alta personalidade) dentro dunha comunidade de Melanesia. Os netos de Küper aínda viven en Owaraha.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford 1960 p.47.
- ↑ Brand, Donald D. The Pacific Basin A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.133.
- ↑ Hugo Bernatzik, Owa Raha. Büchergilde Gutenberg, Vienna / Zürich / Prague, 1936
- ↑ Sandra Revolon, Heinrich Küper: le Blanc dont on parle à mi-voix, Centre de Recherche et de Documentation sur l'Océanie (CREDO), Campus Saint Charles, 3 Place Victor Hugo, 13331 Marseille, France, Journal de la Société des Océanistes. ISSN 0300-953X
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Owaraha |