(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Pazo da Pastora - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pazo da Pastora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Pastora
ConcelloVigo
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°13′08″N 8°43′37″O / 42.218758333333, -8.726875
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XVI )
Estilo actual(século XVIII remodelado )
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo da Pastora ou Pazo de San Tomé é unha casa señorial construído na Idade Moderna (século XVI) que se atopa na rúa do Conde, na parroquia de Freixeiro, na mesma cidade de Vigo.

A orixe do pazo áchase nunha construción anterior, unha torre coñecida coma Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. O pazo comezou a se construír posibelmente no século XIV, aínda que o edificio que hoxe temos é do século XVI con incorporacións do século XVIII e XIX. Antes era coñecido coma Pazo de San Tomé (escrito en galego antigo como San Thomé ou Santhomé)[1].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha construción de planta rectangular e de dúas alturas, con dúas torres nos extremos de cadeirado e cachotaría encalada nalgunhas zonas. Aseméllase ao achegado Pazo de Castrelos, pois ambos os dous non presentan a tradicional escaleira/solaina exterior.

Destaca o seu portón de entrada, no que malia a discordante porta, está rodeada de remates de muro en forma de columna sobre os que se asentan formas de xerras de gran tamaño ou un exuberante pináculo noutra delas. As columnas aos lados da porta portan cadanseu escudo e unhas inscricións. Á dereita deste portón hai un remate de muro tamén en forma de columna, cun pináculo sobre ela e un pequeno fornelo nunha das súas caras. En realidade é un peto de ánimas. Dentro deste fornelo hai unha imaxe da Virxe da Divina Pastora pintada nun azulexo. A Virxe leva o seu fillo no colo acariñando catro ovellas ao seu arredor. Acompáñao unha inscrición sen data que di: “LA DIVINA PASTORA”. A xente de Freixeiro deposita no peto flores e candeas como sino de devoción.

É de propiedade privada, non sendo visitábel, e ten un uso hostaleiro. Está catalogado pola Xunta de Galicia e nos PXOM.

  1. "Freixeiro - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2021-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]