Río de Zamáns
Tipo | curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
Localización | Serra do Galiñeiro | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | río Miño | |||
| ||||
O río de Zamáns[1][2], tamén chamado río de Vilaza[3] ou río Amial[4], é un curso de auga que discorre polos concellos de Vigo e Gondomar. É afluente do río Miñor.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace no Galiñeiro, na parroquia de Zamáns (Vigo).[1] No seu leito construíuse o encoro de Zamáns. Discorre polas parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza. Na vila de Gondomar, concretamente ao carón da Paradela, conflúe co río das Rasas, para converterse no río Miñor.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Na documentación medieval, tamén recibía o nome de Miñor.[1] No século XVIII, xa estaba consolidado o actual nome.[1]
Patrimonio e natureza
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Zamáns atópase un conxunto etnográfico de cinco muíños restaurados a comezos do século XXI e unha senda[5]. Cabe destacar tamén o muíño das Maquías e o encoro de Zamáns.[5] Atravesa o núcleo urbano de Gondomar. Ás súas beiras atópase o paseo da Coelleira e unha pontella.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Na Pasaxe (Vincios).
-
En Gondomar
-
En Gondomar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Navaza, Gonzalo (2017). Boullón Agrelo, Ana Isabel, ed. Toponimia miñorá: Miñor, Nigrán, Gondomar, Baiona. Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas. Anexo 75 de Verba (Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela). p. 84.
- ↑ "Río de Zamáns - 273809". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "En las orillas del río Vilaza". Faro de Vigo (en castelán). 2020-11-26. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "Embalse de Zamanes o Encoro de Zamáns. Pesca en España" (en castelán). 2022-08-02. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ 5,0 5,1 "Ruta Sendeiro local de Zamáns. Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ pablo f.e. gondomar (2019-12-08). "El río Zamáns tendrá pasarela en Gondomar ya este año". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-10-26.