A tempada 1970/71 da Primeira división española de fútbol, que foi a 40ª edición do campionato, comezou o 12 de setembro de 1970 e rematou o 18 de abril de 1971.
O Valencia CF proclamouse campión por cuarta vez na súa historia e clasificouse por vez primeira para disputar a Copa de Europa. Os valencianos non lograban en trofeo desde había 24 anos e tardarían outros 31 en volvelo levantar. Co triunfo levantino, ademais, rompeu unha vaga de dez títulos consecutivos gañados por equipos madrileños (dous para o Atlético e oito o Real Madrid).
José Eulogio Gárate gañou por terceiro ano consecutivo o Trofeo Pichichi e, como nas veces precedentes, tivo que compartir o premio, nesta ocasión con Carles Rexach, quen logrou o mellor rexistro goleador da súa carreira. Esta tempada volveu imporse o fútbol defensivo, e a media goleadora dos dous máximos artilleiros (0,56 goles por partido) foi o terceiro máis baixo da historia.