(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Psidium - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Psidium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Goiabeiras (xénero Psidium)

Psidium guajava
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Myrteae
Xénero: Psidium
Especies

Unhas 400 especies (véxase no texto), incluíndo:

Sinonimia

As goiabeiras (Psidium spp.) son un xénero dunhas cen especies de árbores tropicais e árbores miúdas na familia Myrtaceae, nativas do Caribe, América Central, América do Norte e o norte de América do Sur. As follas son contrarias, simples, elípticas a ovais, de 5 a 15 centímetros de longo. As flores son brancas, con cinco pétalos e numerosos estames.

A froita das goiabeiras son comestíbeis, redondas ou en forma de pera, de 3 a 10 cm de diámetro (até 12 cm en cultivos selectos). Teñen unha pela magra e delicada, de cor verde pálida a amarela na etapa madura nalgunhas especies, ou rosa a vermella noutras. A polpa branca, cremosa ou alaranxada con moitas semes miúdas duras e cun forte recendo característico. Ricas en vitaminas A, B e C.

Composición química da froita

[editar | editar a fonte]

Media por 100: auga 78; proteínas 0.9; graxa 0.40; azucres 7.70; hidratos de carbono 2.70; fibra bruta 8.50; acidez en ácido tánico 1.00; cinsa 0.80; calorías 43.24; a goiaba contén vitaminas A, B1, e C.

Por cada 100 gramos de goiabas hai arredor de 0,5 gramos de substancias antioxidantes, segundo un estudo realizado na India, proporción tres veces maior que outras froitas.[2]

Cultivos e usos

[editar | editar a fonte]
Goiabeira común con froitos aínda verdes.

As goiabeiras cultívanse en moitos países da zona intertropical subtropical polos seus froitos comestíbeis. Varias especies cultívanse comercialmente. Os máis importantes están no cadro á dereita. A froita cómese toda, coma unha mazá, ou rebanda e servida con azucre e crema como sobremesa.

En Asia, a goiaba crúa mergúllase en sal ou po de ameixa pasa. A goiaba fervida tamén é usada extensivamente para facer doces, xeleas, marmeladas (goiabada) e zumes. É unha das froitas con maiores niveis de vitamina C, por gramo contén unhas 6 ou 7 veces máis que a laranxa, o que a converte nun antigripal natural. As follas e a casca son adstrinxentes intestinais, especialmente nas diarreas dos nenos, pois son ricas en tanino, 30 g de follas por 150 ml de auga, o cocemento é empregado para lavar úlceras. A casca e a raíz da goiabeira son un bo reconstituínte que cura a anemia e fraquezas nerviosas, tomando o cocemento con frecuencia. O seu contido natural de produto fresco son 273 unidades en 100 g (véxase tamén vitamina C).

goiaba "Thai Maroon".

As plantas son sensíbeis ás xeadas, por iso non se adoitan dar na Galiza interior. Nalgunhas rexións tropicais, incluíndo Hawai, algunhas especies convertéronse en arbustos invasivos. Tamén é de interese para os cultivadores domésticos en áreas de clima temperado, como unha das poucas froitas tropicais que se poden desenvolver até dar froita de interior.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Calyptropsidium O. Berg
  • Guajava Mill.
  • Mitropsidium Burret
  • Psidiopsis O. Berg

Preto de 400[3]. No Brasil coñécense coma araçás. Entre elas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Manual de Cultivos Orgánicos y alelopatía" Editor: Grupo Latino LTDA. pag.563

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]