(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Quill - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Quill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quill / P-40
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónNRO
Data de lanzamento21 de decembro de 1964[1][2][3][4]
Foguete portadorThor Agena D[1][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[1][6]
Decaemento11 de xaneiro de 1965[2]
NSSDC ID1964-087A
Masa1477 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7290 km[2]
Inclinación82,0º[2]
Apoapse1305,5 km[2]
Periapse533,9 km[2]

Quill ou P-40 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 21 de decembro de 1964 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea (Australia).[1][6][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Quill foi o primeiro satélite en intentar usar un radar de apertura sintética como método de recoñecemento. O radar, denominado KP-II, foi fabricado por Goodyear e usaba a banda X (9,6 GHz). A antena do radar medía 4,6 x 0,6 m e sobresaía dun lateral do satélite, que tiña forma cilíndrica. Os datos obtidos polo radar eran grabados en película fotográfica que logo se enviaba a terra mediante unha cápsula recuperable. Debido a cuestións diplomáticas o satélite só se enfocou en obxectivos en territorio dos Estados Unidos. O satélite esgotou as súas baterías o 26 de decembro de 1964 e despois de que o radar fora usado catorce veces. A análise dos datos amosou que a resolución do radar non era suficiente para obter información valiosa dos obxectivos. Quill reentrou na atmosfera o 11 de xaneiro de 1965.[1][6][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (14 de maio de 2020). "1964-087A" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "OPS 3762" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  3. Claude Lafleur (2020). "QUILL / Ferret 11" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  4. "Letter dated 24 March 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-05946). 30 de marzo de 1965: 2. Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Quill (P-40)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2020). "Quill" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]