Río Ruvuma
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | África | ||||
Final | |||||
Localización | Océano Índico | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 800 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 150.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 475 m³/s | ||||
O río Ruvuma (anteriormente coñecido como Rovuma, como aínda é coñecido en Mozambique) é un río da África oriental que discorre formando durante gran parte do seu curso fronteira entre Tanzania e Mozambique. Ten unha lonxitude duns 800 km, drena unha ampla conca de 155 500 km² e ten un caudal de 475 m³/s na súa desembocadura.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Ruvuma nace na parte suroccidental de Tanzania, na rexión homónima de Ruvuma, a uns 50 km ao suroeste da cidade de Songea. O río baixa das ladeiras das montañas Matogaro situadas nunha meseta ondulada, a máis de 900 de altitude, ao leste do lago Nyasa. O río flúe primeiro cara ao oeste, logo vai cara ao sur durante un tramo duns 70 km. Tras recibir pola dereita ao río Msinje, que vén do sur, o Ruvuma torna repentinamente e encamíñase cara ao leste, rumbo que manterá en xeral até o final. A partir de aquí o río será a fronteira natural nunha sección de máis de 650 km entre Tanzania, no norte, e Mozambique, no sur.
No seu camiño cara ao leste, o Ruvuma pasa cerca da base dunha árida meseta escarpada de pedra arenita, situada no norte, da que descenden pequenos ríos de profundas canles na base da meseta (algúns son longos como o Lukimva e o Muhuvesi). Pola ribeira oposta, a dereita, polo sur, o Ruvuma recibe ríos máis longos que veñen de amplos vales do sur, entre eles o Luchulingo, o Lussanhando e o río Lugenda.
Máis abaixo, o Ruvuma varía moito de anchura, contendo en moitas partes grandes illas boscosas que se elevan por encima do nivel das crecidas, e que a miúdo están habitadas. O río é vadeable en moitos lugares na estación seca. O curso inferior do Ruvuma, normalmente ten máis de 500 m de ancho, pero xeralmente flúe a través dun pantanoso vale. A súa foz, ten case 1,5 km de ancho e atópase ao sur da cidade tanzana de Mtwara e ao norte do mozambicano Cabo Delgado.
Ponte
[editar | editar a fonte]En 1975, pouco despois da independencia de Mozambique, propúxose a construción dunha ponte que cruzase o río e unise Mozambique e Tanzania, denominado Ponte da Unidade (Unity Bridge). Fixéronse estudos e algunhas obras a principios de 1980, mais a ponte non rematou por falta de fondos. No 2002, os dous gobernos asinaron un acordo para construír unha ponte de 600 m que cruzase o río. As primeiras pedras colocáronse o 10 de outubro de 2005, tanto en Tanzania como en Mozambique. A construción estaba prevista que rematase 2008, mais aí están.
Antes era posible cruzar o río cun pequeno buque ro-ro (situado na parte de Tanzania), que podía levar 3 jeeps. O transbordador afundiuse no 2008 e non se substituíu. A poboación local ofrece un transporte para os vehículos consistente en tres barcos con táboas atadas. En tempos de secura, o río pode ser vadeado cun adecuado vehículo.
Hai unha pequena ponte construída no 2007, chamada Unity Two, na zona alta do río, preto de Matchedge (Mozambique).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nakayama, Mikiyasu (2003). International Waters in Southern Africa (PDF). United Nations University Press. p. 9. ISBN 9280810774.