(Translated by https://www.hiragana.jp/)
STS-61-C - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

STS-61-C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-61-C
Lanzamento da misión STS-61-C.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de xaneiro de 1986, 11:55 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión6,09 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélited Satcom K1 e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso18 de xaneiro de 1986[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1986-003A

STS-61-C foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 12 de xaneiro de 1986 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-61-C, con sete astronautas (Robert Gibson, Charles Bolden, Franklin Chang-Díaz, George Nelson, Steven Hawley, Robert Cenker e o congresista Bill Nelson, o segundo político no espazo) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite Satcom K1 e facer varios experimentos a bordo. O transbordador levaba a cámara CHAMP para facer observacións do cometa Halley, pero non chegou a funcionar por problemas coas súas baterías. [3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de xaneiro de 1986.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 61C" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 18 July 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-20063). 1 de agosto de 1986: 2. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 61C" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 61-C" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-61-C" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-61C" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]