(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Téxel (gráficos) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Téxel (gráficos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voronoi polygons for a group of texels.
Polígonos de Voronoi para un grupo de texels.
Two different projector functions.
Dúas funcións diferentes do proxector.

Un texel ou téxel[1] (contracción do elemento de textura inglés, ou tamén texture píxel) é a unidade mínima dunha textura aplicada a unha superficie,[2] utilizada en gráficos por ordenador. Do mesmo xeito que unha imaxe dixital se representa mediante unha matriz de píxeles, unha textura pódese representar mediante unha matriz de texels ou téxeles.

Cando se aplica unha textura a unha superficie 3D, nun proceso coñecido como mapeo de texturas, asígnanse téxeles aos píxeles correspondentes que aparecerán na imaxe final. Un téxel pode corresponder a varios píxeles, ou ter un tamaño inferior a un píxel, en cuxo caso pode non ser visible. O feito de que un texel corresponda a varios píxeles non significa que teñan unha cor uniforme.

Nos ordenadores modernos, este proceso realízase na tarxeta gráfica.

  1. "bUSCatermos; téxel". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-28. 
  2. Andrew Glassner, An Introduction to Ray Tracing, San Francisco: Morgan & Kaufmann, 1989

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]