TRS 2
TRS 2 / ERS 5 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 9 de maio de 1963[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas-Agena B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Desenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2] |
Decaemento | 11 de novembro de 2011[1] |
NSSDC ID | 1963-014B |
Masa | 0,68 kg[2][6][7] |
TRS 2 (Tetrahedron Research Satellite 2), tamén denominado ERS 5, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de maio de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]TRS 2 foi o segundo membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 2 foi lanzado xunto con outros satélites no mesmo foguete, incluído o TRS 3. Levaba un único experimento a bordo consistente en 132 células solares en diferentes configuracións para investigar os efectos que o espazo tiña nelas, aínda que tamén foi usado para estudar os efectos da presión da radiación solar na órbita do satélite. TRS 2 devolveu datos sobre o experimento con células solares durante os primeiros 92 días en órbita. Foi inxectado nunha órbita inicial de 3705 km de apoxeo e 3614,7 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 87,43 graos e un período de 87,43 minutos. Reentrou na atmosfera o 11 de novembro de 2011.[1][2][3][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 5" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 29 July 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (63-16678). 31 de xullo de 1963: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "ERS 5 / TRS 2" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.