TRS 5
TRS 5 / ERS 12 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 17 de outubro de 1963[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas-Agena D[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Desenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2] |
Decaemento | 5 de febreiro de 1966[1] |
NSSDC ID | 1963-039B |
Masa | 2,1 kg[2][6][7] |
TRS 5 (Tetrahedron Research Satellite 5), tamén denominado ERS 12, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 17 de outubro de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]TRS 5 foi o quinto membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 5 foi lanzado xunto cos satélites Vela 1 e Vela 2. Levaba a bordo un experimento consistente nun detector omnidireccional para medir a enerxía das partículas cargadas na magnetosfera, en concreto para electróns entre 0,5 e 5 MeV e para protóns no intervalo entre 10 e 20 MeV e entre 50 e 100 MeV. O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 103.852 km de apoxeo e 208 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 36,69 graos e un período de 39 horas. Reentrou na atmosfera o 5 de febreiro de 1966.[1][2][3][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 12" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 12" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 20 December 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (63-30463). 31 de decembro de 1963: 2. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "ERS 12 / TRS 5" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2013.