(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tab Hunter - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tab Hunter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTab Hunter

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Arthur Andrew Kelm Editar o valor en Wikidata
11 de xullo de 1931 Editar o valor en Wikidata
Manhattan (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 2018 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrombose Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1996 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCalifornia Republican Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDot Records Editar o valor en Wikidata
Deportedeporte ecuestre Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteTab Hunter, 86, 1950s Hollywood Heartthrob, Is Dead (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webtabhunter.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002147 Allocine: 6408 Rottentomatoes: celebrity/tab_hunter Allmovie: p95219 144226 TV.com: people/tab-hunter IBDB: 46027
BNE: XX1079020 Musicbrainz: 98d9935a-2c92-40ca-ada9-750af6d439ee Songkick: 422481 Discogs: 364536 WikiTree: Kelm-109 Editar o valor en Wikidata

Arthur Andrew Kelm, nado en Manhattan o 11 de xullo de 1931 e finado en Santa Bárbara (California) o 8 de xullo de 2018,[1] foi un actor e cantante estadounidense coñecido como Tab Hunter.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hunter era fillo dos inmigrantes alemáns Charles Kelm (xudeu) e Gertrude Gelien (luterana).[2] Despois de divorciárense, a nai trasladouse a California xunto cos seus dous fillos, recuperou o seu apelidos de solteira e cambio o apelidos dos seus fillos por este. Hunter uniuse á Garda Costeira aos quince anos, mentindo sobre a súa idade para alistarse.[3] Nos seus derradeiros anos, a súa nai tivo problemas de saúde que obrigaron a que fose internada e recibiu tratamentos de choque; Hunter apoiouna ata o seu falecemento.

Comezou a empregar o seu nome artístico "Tab Hunter", suxerido polo seu primeiro axente, Henry Willson.[4] Entre os seus filmes están Island of Desire (xunto a Linda Darnell), o drama bélico Battle Cry, en que tiña un romance cunha muller máis vella, Outeiros ardentes (con Natalie Wood), That Kind of Woman (con Sophia Loren), Gunman's Walk (western con Van Heflin) e The Pleasure of His Company (con Debbie Reynolds). Estes títulos cimentaron o seu éxito como galán cinematográfico.

En setembro de 1955, a revista Confidential informou de que Hunter fora arrestado en 1950 por conduta desordenada. O artigo tamén facía referencia á estadía en prisión do tamén actor Rory Calhoun. O artigo xurdiu dun trato co axente Henry Willson, que non desexaba que se revelase publicamente a orientación sexual do seu cliente máis destacado, Rock Hudson. Isto non tivo efectos negativos na carreira de Hunter nin na de Calhoun: uns meses despois, Hunter foi considerado a "nova personalidade máis prometedora" ("Most Promising New Personality") nunha enquisa nacional patrocinada polo Council of Motion Picture Organizations.[5] En 1956, recibiu 62 000 felicitacións por San Valentín. Hunter, James Dean e Natalie Wood foron os últimos actores en ter contrato en exclusiva cos estudios Warner Bros.

Tivo éxito en 1957 coa canción "Young Love", que acadou o número un no Billboard Hot 100 durante seis semanas e foi un dos éxitos de maior percorrido durante a era do rock and roll.

O 9 de xullo de 1960 foi arrestado pola policía de Glendale, California, sendo exculpado tralo xuízo celebrado en outubro ante a falsidade das acusacións. A principios dos anos 1960 non conseguiu obter o papel de Tony na adaptación cinematográfica do musical West Side Story. Hunter tivo o seu propio programa televisivo, The Tab Hunter Show, no canal NBC, que só se mantivo en emisión unha temporada (1960-1961), aínda que se converteu nunha das comedias de situación de maior audiencia no Reino Unido.[6] Estableceuse no sur de Francia e actuou nalgúns filmes europeos: No importa morir, de León Klimovsky, ou o spaghetti western La vendetta è il mio perdono de Roberto Mauri.

Reapareció na década de 1980 en diversas comedias, como Polyester, de John Waters, que o emparellou con Divine; Pandemonium, unha parodia do cinema de terror para adolescentes; Grease 2, secuela do coñecido musical; ou Lust in the Dust (1985), de Paul Bartel, de novo con Divine. En 1992 escribiu o guión de Dark Horse, en que tamén actuaba.

Hunter faleceu aos 86 anos a causa dun ataque cardíaco derivado dunha trombose venosa profunda.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Hunter foi amigo íntimo de Etchika Choureau, a súa compañeira de elenco en Lafayette Escadrille e de Joan Cohn, viúva de Harry Cohn, coas que contemplou a posibilidade do matrimonio, ademais de manter amizade con outras actrices de Hollywood, aínda que nunca casou. Hunter mantivo unha longa relación co tamén actor Anthony Perkins e co campión de patinaxe Ronald Robertson, antes de comezar a súa relación con quen foi a súa parella durante máis de trinta anos, Allan Glaser.[7]

Durante a era dos estudios en Hollywood, Hunter admitiu que ser gay entón era un problema, non se sentía cómodo no mundo da actuación e viuse obrigado a manter con dificultade unha dobre vida.[8]

Hunter escribiu unha autobiografía, Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star (2006), coescrita co especialista en xénero negro Eddie Muller, que se converteu nun best-seller de The New York Times. O libro continuou a reeditarse e foi nomeado a algúns galardóns. No libro, Hunter confirmou a súa homosexualidade e rexeitou a veracidade dos seus romances con Natalie Wood ou Debbie Reynolds.[9]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1950 The Lawless Frank O'Brien Tamén coñecido como The Dividing Line
1952 The Island of Desire Marine Corporal Michael J. "Chicken" Dugan Tamén coñecido como Saturday Island
1953 Gun Belt Chip Ringo
The Steel Lady Bill Larson Tamén coñecido como Treasure of Kalifa
1954 Return to Treasure Island Clive Stone Tamén narrador
Track of the Cat Harold Bridges
1955 Battle Cry Danny Forrester
The Sea Chase Cadet Wesser
1956 Outeiros ardentes Trace Jordan
The Girl He Left Behind Andy L. Shaeffer
1958 Gunman's Walk Ed Hackett
Lafayette Escadrille Thad Walker
Damn Yankees Joe Hardy Tamén coñecido como What Lola Wants
1959 They Came to Cordura Lt. William Fowler
That Kind of Woman Red
1961 The Pleasure of His Company Roger Henderson
1962 The Golden Arrow Hassan
1963 Operation Bikini Lt. Morgan Hayes
1964 Ride the Wild Surf Steamer Lane
Troubled Waters Alex Carswell
1965 City Under the Sea Ben Harris Tamén coñecido como War Gods of the Deep
The Loved One Whispering Glades Tour Guide
1966 Birds Do It Lt. Porter
1967 The Fickle Finger of Fate Jerry tamén coñecido como El Dedo del Destino e The Cup of San Sebastian
Hostile Guns Mike Reno
1968 Vengeance Is My Forgiveness Sheriff Durango
The Last Chance Patrick Harris
1969 Bridge over the Elbe Richard
1972 Sweet Kill Eddie Collins
The Life and Times of Judge Roy Bean Sam Dodd
1975 Timber Tramps Big Swede
1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood David Hamilton
1981 Polyester Todd Tomorrow
1982 Pandemonium Blue Grange
Grease 2 Mr. Stuart
And They're Off Henry Barclay
1985 Lust in the Dust Abel Wood Produtor executivo
1988 Out of the Dark Driver
Grotesque Rod
Cameron's Closet Owen Lansing Produtor executivo
1992 Dark Horse Perkins Produtor executivo e guionista
2015 Tab Hunter Confidential El mesmo Documental
  1. Stolworthy, Jacob (9 de xullo de 2018). "Veteran Hollywood actor Tab Hunter dies aged 86". The Independent (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  2. Weinraub, Bernard (9 de setembro de 2003). "A Star's Real Life Upstages His Films; Tab Hunter Looks Back on Sadness and Success and Ahead to a Book". The New York Times. 
  3. "Tab Hunter at Coast Guard History". 
  4. The Man Who Invented Rock Hudson: The Pretty Boys and Dirty Deals of Henry Willson by Robert Hofler, published by Carroll & Graf, 2005, ISBN 0-7867-1607-X
  5. Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star by Tab Hunter with Eddie Muller, published by Algonquin Books, 2005, pp. 116–118 ISBN 1-56512-466-9
  6. Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star, pp. 227–235
  7. Bayard, Louis (9 de outubro de 2005). "The Celluloid Closet". washingtonpost.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2009. 
  8. Ver Tim Parks, «The many lives of Tab Hunter», en Gay and Lesbian Times, 15 de decembro de 2005.
  9. William L. Hamilton, «Did Success Spoil Tab Hunter?», The New York Times, 18 de setembro de 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]