(Translated by https://www.hiragana.jp/)
The Secret of Monkey Island - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

The Secret of Monkey Island

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Secret of Monkey Island
Desenvolvedor(es)Lucasfilm Games
Distribuidora(s)LucasArts
Deseñador(es)Ron Gilbert
Compositor(es)Barney Jones
Michael Land
Patric Mundy
Andy Newell
MotorSCUMM
Lanzamento1990[1]
XéneroAventura gráfica
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Amiga, Atari ST, DOS, FM Towns, macOS, Sega Mega-CD
Formato(s)Disquete, CD-ROM
ControisRato e teclado
SerieMonkey Island
Na rede
IMDB: tt0244783 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Secret Of Monkey Island é unha aventura gráfica realizada por LucasFilm Games en 1990 onde se parodian historias de piratas, creando un mundo de humor que revolucionou o xénero. O seu éxito provocou que se realizasen tres secuelas máis. Monkey Island 2: LeChuck's Revenge, The Curse of Monkey Island e Escape from Monkey Island.

The secret of Monkey island foi o quinto xogo en usar a tecnoloxía SCUMM (tras Maniac Mansion, Zak McKracken, Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure e Loom), un potente (para a época) motor para aventuras gráficas, baseado nunha linguaxe script propio e desenvolvido para a primeira aventura: Maniac Mansion. Orixinalmente, consistía en catro disquetes de baixa densidade, con gráficos EGA (16 cores), pero subseguintes melloras no SCUMM deron lugar a versións con gráficos VGA (256 cores) e, finalmente, en CD-ROM con melloras de son.

Argumento

[editar | editar a fonte]

No profundo do Caribe atópase Mêlée Island e un novo aventureiro, chamado Guybrush Threepwood, que vai facer todo para ser un pirata recoñecido. Non sabe que namorará da gobernadora da illa, Elaine Marley, e que lle traerá problemas, levándoo así a Monkey Island onde terá que lidar con perigos repentinos e cuns caníbais para logo atoparse co malvado pirata LeChuck e a súa fantasmal tripulación que ten secuestrada á Gobernadora...

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]

LucasArts perfecciona neste xogo o sistema creado nos seus anteriores títulos Maniac Mansion ou Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure, o motor SCUMM que crea a esencia das aventuras gráficas point-and-click.

Impacto social

[editar | editar a fonte]

A saga de Monkey Island dispón de fans acérrimos, o cal levou a crear unha obra teatral ou grupos que reproducen a súa melodía nos seus concertos.

O creador desta saga, Ron Gilbert, levantou certa polémica ao asegurar que a película Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra e as súas secuelas estaban máis que baseadas na trama e ambientación conseguida nos xogos da saga de Monkey Island.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Modelo:MobyGames