Vanessa-Mae
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1978 (46 anos) Singapur |
Residencia | Zermatt |
Educación | Francis Holland School (en) Royal College of Music (pt) Central Conservatory of Music (en) |
Altura | 158 cm |
Peso | 55 kg |
Actividade | |
Ocupación | violinista, esquiadora alpina, compositora |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Techno, música pop e música clásica |
Instrumento | Pop, Lock & Drop It (en) |
Selo discográfico | Sony Music Sony BMG EMI Virgin Records Sony Classical |
Deporte | esquí alpino |
Participou en | |
febreiro de 2014 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 |
Descrito pola fonte | História dos Ming (pt) |
Páxina web | vanessa-mae.com |
Vanessa-Mae Vanakorn Nicholson,[1] nada en Singapur o 27 de outubro de 1978, máis coñecida como Vanessa-Mae (陈美 Chén Měi) é unha violinista británica. Os seus álbums venderon varios millóns de copias, facéndoa a artista de menos de 30 anos máis rica do Reino Unido en 2006.[2][3] Competiu en esquí alpino como Vanessa Vanakorn (en tailandés: วาเนสซ่า วรรณกร; apelido do seu pai) por Tailandia nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. Inicialmente prohibíronlle esquiar porque unha carreira de cualificación no seu beneficio foi considerada corrupta, mais a Corte de Arbitraxe do Deporte anulou a prohibición citando falta de evidencia de mala praxe ou de manipulación.[4][5] A Federación Internacional de Esquí posteriormente tivo que publicar unha desculpa.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Vanessa-Mae naceu en Singapur, filla de Pamela Soei Luang Tan, singapurana, e Vorapong Vanakorn, tailandés. Despois de ser adoptada por un pai británico, mudouse a Londres con catro anos e alí comezou a tocar o violín, tras iniciarse no piano en Singapur. Con oito anos embarcouse nun período intensivo de estudo co profesor Lin Yao Ji no Conservatorio Nacional de Música de Pequín. Vanessa-Mae volveu a Londres e entrou no Royal College of Music.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Aos trece anos, Vanessa-Mae converteuse na solista máis nova en gravar concertos de violín de Beethoven e Chaikovskii, segundo o Guinness World Records.[7]
O seu primeiro álbum de estilo pop, The Violin Player, foi publicado en 1995. En 1997 participou no álbum de Janet Jackson The Velvet Rope tocando o violín na canción "Velvet Rope".[8] A súa nai foi a súa representante ata que a despediu en 1999.[9]
En xuño de 1999 actuou nos concertos Michael Jackson & Friends de Seúl e Múnic[10][11] e o 7 de marzo de 2002 interpretou unha variación da Catro estacións de Antonio Vivaldi, "Verán: III. Presto", durante a cerimonia inaugural dos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002.[12]
Vanessa-Mae gravou ocasionalmente as súas propias composicións. O seu álbum de 1997 China Girl: The Classical Album 2 incluíu dúas pezas en que aparecía acreditada como autora, "Violin Fantasy on Puccini's 'Turandot" e "Reunification Overture", sobre a reunificación da China e Hong Kong.[13]
En 2017, ClassicFM compilou unha listaxe dos 300 álbums clásicos máis vendidos nos seus 25 anos. Vanessa-Mae apareceu tres veces, con The Classical Album 1 (posto 244), Storm (135) e The Violin Player (76). A páxina web indica que as súas vendas totais fan dela a "violinista solista máis vendedora da listaxe".[14]
Carreira no esquí
[editar | editar a fonte]Vanessa-Mae afirmou que "[comezou] a esquiar na mesma época en que comecei a tocar do piano, arredor dos catro anos, antes de cambiarme ao violín aos cinco",[15] e que soñara con ser esquiadora desde os catorce.[16] En 2009 Vanessa-Mae pasou a residir no resort alpino de Zermatt.[17] En agosto de 2010 contou a The Telegraph: "son británica, mais de xeito realista non hai forma de poder representar o meu país, mais coomo o meu pai biolóxico é tailandés, aceptáronme".[15] Rexistrouse como esquiadora alpina tailandesa.[18]
En 2014, Tailandia non tiña esquiadores alpinos entre os 500 mellores e as regras olímpicas permitían a estes países enviar un home e unha muller ao slálom e ao slálom xigante olímpicos, en base a criterios alternativos: o esquiador debía ter 140 puntos ou menos, sendo mellores as puntuacións máis baixas segundo a Federación Internacional de Esquí (FIS),[19][20] ademais de ter iniciado polo menos cinco probas de slálom xigante recoñecidas internacionalmente.[16][19][20] A petición dos representantes de Vanessa-Mae e do Comité Olímpico Tailandés, organizouse un slálom xigante por parte do Club de Esquí Alpino de Triglav os días 18 e 19 de xaneiro de 2014 en Krvavec, Eslovenia, que sería a última oportunidade de que Vanessa-Mae acadase a puntuación recoñecida pola FIS para optar aos Xogos Olímpicos de febreiro de 2014.[21] O evento incluíu un campionato nacional júnior, no que ela tiña 14 anos máis que calquera das outras participantes.[20]
O evento situou a súa puntuación media menor aos 140 puntos,[19] baixando de 269,44 o 11 de xaneiro a 131,15 a finais do 19 de xaneiro.[22][23] O seu representante Giles Holland dixo: "Parece que o fixo. Por un chisco, pero fíxoo".[16][19] A FIS confirmou a súa elixibilidade para competir nos Xogos Olímpicos de 2014,[19] con Ana Jelusic da FIS mencionando que os resultados de Krvavec "cumpren todos os requisitos".[20]
Foi unha dos dous esquiadores alpinos que representaron a Tailandia nos Xogos Olímpicos de inverno de 2014, onde competiu co nome de Vanessa Vanakorn[19][24] (วา เน ส ซ่า เม ย์ ตัน วรรณ กร; Vanessa May Tan Vanakorn).[25] O 18 de febreiro de 2014, Vanakorn finalizou 67.ª das 90 esquiadoras, cun tempo de 1:44.86 na súa primeira carreira no slálom xigante, a 26.98 segundos da líder. Comezou na posición 87, representando a súa posición relativa na clasificación mundial.[26] Na segunda carreira tivo un tempo de 1:42.11, a 24.21 segundos da primeira.[27] Comezou 74.ª na segunda carreira, a última titular.[28] Ao final do evento, tivo un tempo total de 3:26.97, a 50.10 segundos da gañadora da medalla de ouro, Tina Maze, de Eslovenia. Foi a última das 67 esquiadoras que finalizaron, aínda que outras 23 non lograron completar a proba.[29]
Vanakorn volveu a esquiar en 2017 nun intento de cualificarse para os Xogos de 2018.[30] Debido a unha lesión no ombreiro retirouse en xaneiro de 2018[31] e o posto de Tailandia pasou a Alexia Arisarah Schenkel, de 21 anos.[32]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Violin (1990)
- Kids' Classics (1991)
- Tchaikovsky & Beethoven Violin Concertos (1991)
- The Violin Player (1995)
- The Classical Album 1 (1996)
- China Girl: The Classical Album 2 (1997)
- Storm (1997)
- The Original Four Seasons and the Devil's Trill Sonata: The Classical Album 3 (1999)
- Subject to Change (2001)
- Choreography (2004)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knapton, Sarah (20 de xaneiro de 2014). "Winter Olympics 2014: violinist Vanessa-Mae to ski for Thailand at the Sochi Games". The Telegraph (UK).
- ↑ "Vanessa-Mae tops young rich list". BBC News. 21 de abril de 2006. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ "Violinist Vanessa-Mae in four-year skiing ban over fiddled races". The Guardian. Associated Press. 11 de novembro 2014.
- ↑ "Vanessa-Mae has four-year competitive skiing ban overturned". The Guardian (online ed.) (Manchester). Press Association. 19 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015.
- ↑ "Alpine Skiing – Vanessa Vanakorn (Mae) appeal: Four-year ban cancelled, but ineligibility to compete in the Sochi 2014 Olympic Winter Games confirmed". Lausanne: Court of Arbitration for Sport. 19 de xuño de 2015. Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ Sweetman, Tom (24 de febreiro de 2016). "Vanessa Mae awarded defamation damages over race-fixing claims". CNN.
- ↑ "Guinness World Records 2003". Guinness World Records. Guinness World Records Ltd. 2003. pp. 191. ISBN 978-1-892051-17-2.
- ↑ Easlea, Daryl (2010). "Review of Janet Jackson – The Velvet Rope". BBC Review.
- ↑ Deacon, Michael (7 de agosto de 2008). "Vanessa-Mae's journey from prodigy to performer". The Telegraph (Londres). Consultado o 14 de outubro de 2011.
- ↑ Easlea, Daryl; Chancler, Ndugu (2016-10-07). Michael Jackson: Rewind: The Life and Legacy of Pop Music's King (en inglés). Race Point Publishing. ISBN 9781631063671.
- ↑ "MJ & Friends Munich" (en inglés). Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Ceremonies". Salt Lake 2002 Legacy. Redondo Beach, California: The Givens Company. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2014.
- ↑ Walsh, John (24 de xaneiro de 1998). "Living doll". The Independent (Londres). Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ "Classic FM Ultimate Chart". Halloffame.classicfm.com. Consultado o 2020-04-27.
- ↑ 15,0 15,1 "Vanessa-Mae: I want to be an Olympic skier". The Telegraph (Londres). 8 de agosto de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2011.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Sarah Knapton (20 de xaneiro de 2014). "Winter Olympics 2014: violinist Vanessa-Mae to ski for Thailand at the Sochi Games". The Telegraph (Londres). Consultado o 7 de febreiro de 2014.
- ↑ Anthon, Kaye (29 de xullo de 2010). "Ski statt Geige: Vanessa Mae startet 2014 bei Olympia". Blick (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2011.
Ich fahre so gerne Ski, dass ich meinen Wohnsitz von London nach Zermatt verlegt habe
- ↑ "Vanakorn Vanessa (905000)". FIS (International Ski Federation). Consultado o 7 de febreiro de 2014.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Williams, Ollie (20 de xaneiro de 2014). "Violinist Vanessae-Mae set to compete at Winter Olympics". BBC Sport. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 "Thai Skier Vanessa Vanakorn Qualifies for Sochi 2014 Winter Olympics". Chiangrai Times. 20 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2014.
- ↑ "Decision of FIS Hearing Panel: Thai competitions in Slovenia". Oberhofen am Thunersee: International Ski Federation. 11 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014.
- ↑ "Athlete: Vanakorn Vanessa: Results". Oberhofen am Thunersee, Switzerland: International Ski Federation. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014.
- ↑ "FIS Race – Ladies' Giant Slalom 19.01.2014". Oberhofen am Thunersee: International Ski Federation. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2014.
- ↑ "Sochi Scene: Thailand's other guy". yahoo.com. Yahoo! News. Consultado o 31 de marzo de 2015.
- ↑ "S.S.A.T. General Assembly 201 7" (PDF). Ski and Snowboard Association of Thailand. 2017. p. 5. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ Sportsnet, Women's Giant Slalom – run 1, emisión: 18 de febreiro de 2014 @ circa 2:00AM EST (vídeo)
- ↑ "Vanessa Vanakorn". CBC Olympics. Consultado o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ Sportsnet, Women's Giant Slalom – run 2, emisión: 18 de febreiro de 2014 (vídeo)
- ↑ "Alpine Skiing – Women's Giant Slalom". CBC Olympics. Consultado o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ "Controversial violinist looks poised for PyeongChang 2018 comeback". SkiRacing.com. 3 de agosto de 2017.
- ↑ Nick Hope (20 de xaneiro de 2018). "Vanessa-Mae: Violinist ends Winter Olympics bid to protect music career". BBC Sport (BBC).
- ↑ Salikha, Adelaida (8 de febreiro de 2018). "Southeast Asians at the 2018 Winter Olympics". Good News From Southeast Asia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanessa-Mae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vanessa-Mae (2001). Vanessa-Mae: changing worlds. Londres: Virgin.
- Brennan, Luann; DeRemer, Leigh Ann (1999). Contemporary musicians: profiles of the people in music (26 ed.). Detroit, Mich.: Gale Group.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Vanessa Vanakorn at the 2014 Winter Olympics en Wayback Machine (archived 6 de xullo de 2014)