(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Verbo regular - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Verbo regular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os verbos regulares, en contraposición ós verbos irregulares, son aqueles que se ateñen estreitamente aos paradigmas ou modelos de conxugación máis empregados na lingua. En galego hai tres paradigmas de verbos regulares: a primeira conxugación, cuxos infinitivos terminan en -ar; a segunda, terminan en -er e a terceira, en -ir. Dentro da conxugación regular pode considerarse tamén unha conxugación estendida por medio de perífrase verbais que sinalan distintos tipos de aspecto e modo verbal.

Mediante a segmentación e conmutación dos elementos constituíntes das formas verbais regulares, revélase o mecanismo da flexión verbal, que funciona incrementando a un tema un sufixo flexional. Á súa vez, o tema está constituído por unha raíz e unha vogal temática , e o sufixo flexional está formado polas desinencias de modo-tempo e número-persoa.

De todos estes contribuíntes verbais, a raíz é o único que permanece invariable en todo o paradigma, aínda que pode admitir pequenas variacións. A vogal temática é un morfema que clasifica os verbos en tres clases mórficas ou conxugacións. Os SMT (6 morfemas no indicativo e tres no subxuntivo que corresponden a outros tantos tempos, amais o imperativo e as formas nominais) e SNP (6 morfemas) expresan nocións lingüísticas.