Vicente
Vicente ou Vicenzo son dúas variantes galegas dun antropónimo masculino. Ten a súa orixe no latín Vincentius, relativo á palabra "vincens", que significa "vencedor", "conquistador", ou "sedutor". Tamén é coñecido como o sinónimo de Vítor que deriva de vitoria, é dicir, tamén significa o que nunca perde, ou o mellor.
Variantes
[editar | editar a fonte]- Feminino (galego): Vicenta ou Vicenza.
O nome en Galicia
[editar | editar a fonte]O nome foi moi común en Galicia, xa que existen numerosas parroquias onde o patrón é San Vicente, exactamente 31 na variante San Vicenzo (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo) e 67 coa variante San Vicente (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente). No ano 2016 en Galicia un total de 3529 persoas levaban como nome Vicente, mentres eran 6 na versión Vicenzo. Na súa forma feminina, Vicenta estaban rexistradas 437 persoas[1].
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Castelán | Vicente |
Catalán | Vicenç |
Checo | Vincenc |
Éuscaro | Bixente |
Francés | Vincent |
Galego | Vicente / Vicenzo |
Húngaro | Vince |
Inglés | Vincent |
Italiano | Vincenzo[2] |
Irlandés | Uinseann |
Lituano | Vincentas |
Polaco | Wincenty |
Portugués | Vicente |
Ruso | Викентий |
Sueco | Vincent |
Santoral
[editar | editar a fonte]- 22 de xaneiro, santoral de San Vicente Mártir.
- 5 de abril, San Vicente Ferrer (aínda que en Valencia se celebra o luns a seguir ao segundo domingo de Pascua).
- 27 de setembro, San Vicente de Paúl.
Relixión
[editar | editar a fonte]Santos
[editar | editar a fonte]- San Vicente Mártir ou Vicente de Zaragoza (†304) - Festividade: 22 de xaneiro.
- San Vicente Ferrer (Valencia 1350 - Vannes 1419) - Festividade: 5 de abril.
- San Vicente de Paúl (Pouy 1581 - 1660) - Festividade: 27 de setembro.
- San Vicente de Iberia, Mártir (Lezuza †253).
- San Vicente Pallotti, (1785-1850), fundador da orde dos palotinos - Festividade: 22 de xaneiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ (it) Segundo unha estimación do ano 2000 era o oitavo nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nomes masculinos en Italia no século XX