boca
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín būcca, -ae.
- Pronuncia: /ˈbo.ka̝/ (AFI)
boca (sg: boca; pl: bocas)
- (Anatomía, zooloxía e fisioloxía) Cavidade que forma a primeira porción do aparello dixestivo, pola que se introducen os alimentos. Na maioría dos invertebrados, deriva da evolución do blastóporo embrionario (protóstomos), mentres que nos equinodermos e nos cordados (deuteróstomos) fórmase a expensas dun engrosamento ectodérmico, o estomodeo. Nos mamíferos está comunicada co aparello respiratorio e comprende os labios, os dentes e a lingua.
- Por extensión, Os labios.
- (Figurado) Órgano da palabra.
- (Figurado) Un dos nomes que recibe cada unha das patas do primeiro par dos crustáceos decápodos.
- (Figurado) Un dos nomes co que se designan as ventosas dos moluscos cefalópodos, máis coñecidas por botóns.
- (Figurado) Pico de loro dos moluscos cefalópodos.
- (Figurado) Abertura, burato que comunica unha estrutura co exterior.
- (Xeoloxía) Foz dun río.
- (Figurado) Cada unha das persoas ou animais aos que hai que manter.
- (Figurado) Orificio de entrada dalgúns aparellos de pesca.
- (Figurado) Abertura dun recipiente.
- (Figurado) Gusto, sabor dun alimento ou dunha bebida.
- (Figurado) Sabor que deixa un alimento ou dunha bebida.
- Exemplo: As sardiñas deixáronme mala boca.
- Exemplo: As sardiñas deixáronme mala boca.
- (Figurado) Grao de aceptación dun alimento (por unha persoa).
- (Figurado) Parte da cabeza dalgúns martelos que serve para descravar as puntas.
- (Figurado) Parte dalgunhas ferramentas, como os alicates, que serve para apertar ou para cortar.
Termos relacionados
- bocalán, bocapodre, bocazas, desbocado
- boca a boca
- abrir a boca
- abrir moito a boca
- andar de boca en boca
- boca arriba, boca abaixo
- bocana do porto
- calar a boca
- coa boca pequena
- falar coa boca pequena
- falar por boca de alguén
- pechar a boca
- a pedir de boca
- quitar (algo) da boca
- de boca en boca
Traducións
Castelán
- Etimoloxía: do latín būcca, -ae.
- Pronuncia: /ˈboka/ (AFI)
boca (sg: boca; pl: bocas)
Catalán
singular | plural |
boca | boques |
boca
Portugués
- Etimoloxía: do latín būcca, -ae.
boca (sg: boca; pl: bocas)
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Entradas en galego con son
- Substantivos femininos en galego
- Anatomía en galego
- Zooloxía en galego
- Fisioloxía en galego
- Figurado en galego
- Xeoloxía en galego
- Castelán
- Entradas en castelán derivadas do latín
- Entradas en castelán con etimoloxía
- Entradas en castelán con transcrición fonolóxica
- Substantivos femininos en castelán
- Anatomía en castelán
- Catalán
- Substantivos femininos en catalán
- Anatomía en catalán
- Portugués
- Entradas en portugués derivadas do latín
- Entradas en portugués con etimoloxía
- Substantivos femininos en portugués
- Anatomía en portugués