(Translated by https://www.hiragana.jp/)
cacho - Wiktionary Saltar ao contido

cacho

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cacho».

cacho1

  • Pronuncia: [ˈka.t͡ʃʊ] (AFI)

Adxectivo

cacho (ms: cacho; mpl: cachos; fs: cacha; fpl: cachas)

  1. Que se envolve sobre si mesmo para defenderse.

cacho2

  • Pronuncia: [ˈka.t͡ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

cacho (sg: cacho; pl: cachos)

  1. Recipiente circular, de pouco fondo e boca ampla.
  2. (Coloquial) Parte dorsal, cóncava, do exoesqueleto do cefalotórax dos crustáceos decápodos braquiúros.
  3. (Figurado e coloquial) Cabeza (de persoa).

cacho3

  • Pronuncia: [ˈka.t͡ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

cacho (sg: cacho; pl: cachos)

  1. Pequena parte dunha cousa que se corta, parte ou arrinca.
  2. Porción breve de tempo.
  3. Pataca ou anaco de pataca, cocida coa monda.
  4. Definición impropia: (Figurado) En expresións admirativas, acentúa as calidades positivas ou a magnitude daquilo ao que acompaña.

Termos relacionados

cacho4

  • Pronuncia: [ˈka.t͡ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

cacho (sg: cacho; pl: cachos)

  1. Acio de uvas.