calar
Aparencia
Galego
calar1
- Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)
calar
- Non emitir ningún son vocal.
- Antónimos: falar.
- Parar de falar.
- Antónimos: falar.
- Parar de producir sons ou ruídos, como berrar, chorar, cantar, tocar un instrumento...
- Deixar de emitir un animal a súa voz.
- Absterse de manifestar o que se sente ou se sabe, non protestar, non replicar.
calar
Termos relacionados
Traducións
calar2
- Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)
calar
- Facer que unha embarcación estea a máis ou menos profundidade.
- Facer somerxer na agua algo, como as redes ou aparellos de pesca.
- Penetrar un líquido nun corpo, quedando este completamente mollado.
- Introducir un instrumento axeitado en algo, furándoo, para explorar o seu interior e saber as súas características.
- Termos relacionados: sondar.
- (Figurado) Examinar con atención unha persoa para coñecer a súa forma de ser, as súas calidades ou as súas intencións.
- (Figurado) Comprender o motivo, razón ou significado dunha cousa.
- Dito dun chapeu ou similar, poñelo, axustándoo ben na cabeza.
- Preparar unha arma para o ataque, como a pica ou o fusil con baioneta.
- Sacar fíos a un tecido ou esfuracar unha tea, papel, metal ou outro material, imitando un debuxo similir ao dos encaixes.
calar
- (Mariña) Chegar a determinada profundidade a parte máis baixa dunha embarcación.
- (Figurado) Penetrar fondo, gravar.
Traducións
calar3
- Pronuncia: /kaˈlaɾ/ (AFI)
calarse
- Deterse de xeito brusco ou inesperado un motor (ou un vehículo) debido a que produce menos potencia da que precisa para andar.
Traducións
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | calar |
Xerundio | calando |
Participio | calado, calada, calados, caladas |
1 Vostede(s) |
Castelán
calar