(Translated by https://www.hiragana.jp/)
KH-1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

KH-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dos satélites KH-1.

KH-1 (Keyhole-1) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.[1][2]

Os KH-1 foron o primeiro intento por parte dos Estados Unidos de poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-1 consistía nunha cámara Corona panorámica e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara, construída por Fairchild Camera Co., tiña unha apertura de f/5.0 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 12,9 m.[1][2]

Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena A, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.[1][2]

Lanzáronse dez KH-1 entre 1959 e 1960, todos mediante foguetes Thor Agena A. Catro fallaron durante o lanzamento e dos restantes, só un (KH-1 9) enviou con éxito a película a terra.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-1 1 25 de xuño de 1959 Thor Agena A Fallo
KH-1 2 13 de agosto de 1959 Thor Agena A Éxito
KH-1 3 19 de agosto de 1959 Thor Agena A Éxito
KH-1 4 7 de novembro de 1959 Thor Agena A Éxito
KH-1 5 20 de novembro de 1959 Thor Agena A Fallo parcial
KH-1 6 4 de febreiro de 1960 Thor Agena A Fallo
KH-1 7 19 de febreiro de 1960 Thor Agena A Fallo
KH-1 8 15 de abril de 1960 Thor Agena A Éxito
KH-1 9 18 de agosto de 1960 Thor Agena A Éxito
KH-1 10 13 de setembro de 1960 Thor Agena A Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "KH-1" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-1 Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]