(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau
Aéroport international Pierre-Elliott-Trudeau de Montréal
Montréal-Pierre Elliott Trudeau International Airport

IATA: YUL – ICAO: CYUL
Sumario
Tipo público
Propietario Transport Canada
Operador Aéroports de Montréal
Cidade/Illa Gran Montreal
Elevación (msnm) 36 metros / 118 pés
Coordenadas
Web http://www.admtl.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06L/24R 3 353 11 000 asfalto/formigón
06R/24L 2 926 9 600 formigón
10/28 2 134 7 000 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 16 589 067

O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York.[1] O aeroporto foi bautizado na honra de Pierre Elliott Trudeau, o 15º Primeiro Ministro do Canadá e pai do actual Primeiro Ministro Justin Trudeau.

O aeroporto é un dos dous dirixidos e operados por Aéroports de Montréal (ADM), unha corporación sen ánimo de lucro e sen capital social; o outro é o aeroporto de Montreal-Mirabel, ao noroeste da cidade, que inicialmente ía substituír o de Dorval pero que no presente opera case unicamente voos de carga. Montreal-Trudeau é propiedade de Transport Canada, que ten un contrato de alugueiro con Aéroports de Montréal por 60 anos.

Trudeau é o aeroporto máis concorrido da provincia do Quebec, o terceiro máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros, con 16,6 millóns, e o cuarto en número de operacións, con 225 206 movementos en 2016.[2] É unha das principais portas de entrada ao Canadá con 10,1 millóns de pasaxeiros internacionais (o 63% do total), sendo a maior proporción entre os aeroportos do país en 2016. Montreal-Trudeau é un dos catro centros de conexión de Air Canada. A ruta entre Montreal e París (Charles de Gaulle e Orly) é a ruta internacional máis concorrida dende o Canadá.[3] De media, cada día pasan polas súas instalacións ao redor de 45 000 pasaxeiros.

As aeroliñas que operan en Trudeau ofrecen voos sen escalas a cinco continentes: África, Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica.[4][5][6] É un dos dous aeroportos canadenses con voos a cinco ou máis continentes, sendo o outro o de Toronto-Pearson.[7] O aeroporto é unha base operativa para Air Inuit, Air Transat e Sunwing Airlines.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aeroméxico Cidade de México
Air Algérie Alxer
Air Canada Bruxelas, Calgary, Casablanca (comeza en xuño de 2018),[8] Edmonton, Frankfurt, Xenebra, Halifax, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Lión, París-Charles de Gaulle, San Xoán de Terra Nova, San Francisco, Shanghai-Pudong, Toquio-Narita (comeza en xuño de 2018),[9] Toronto-Pearson, Vancouver
Estacional: Barbados, Chicago-O'Hare, Denver, Dublín (comeza en xuño de 2018),[10], Fort Myers, Montego Bay, Nassau (reanúdase en decembro de 2017),[11] Otava, Providenciales, Reiquiavik-Keflavík (comeza en xuño de 2018), Roma-Fiumicino, San Xoán, Tel Aviv-Ben Gurion, West Palm Beach
Air Canada Express Bagotville, Baie-Comeau, Bathurst, Boston, Charlottetown, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Fredericton, Gaspé, Halifax, Hamilton (ON), Hartford, Houston-Intercontinental, Illas da Madalena, Moncton, Mont-Joli, Newark, Nova-York-LaGuardia, Otava, Filadelfia, Quebec, Rouyn-Noranda, Saint John (NB), San Xoán de Terra Nova, Sept-Îles, Toronto-Billy Bishop, Toronto-Pearson, Val-d'Or, Wabush, Washington-Dulles, Washington-Nacional, Winnipeg
Estacional Denver
Air Canada Rouge Cancún, Casablanca (remata en maio de 2018),[8] Cayo Coco, Cozumel, Fort-de-France, Fort Lauderdale, Holguín, Las Vegas, Lima (comeza en decembro de 2017),[12] Miami, Orlando, Pointe-à-Pitre, Porto Príncipe, Puerto Plata, Punta Cana, Samaná, San Salvador (Bahamas), Santa Clara, Tampa, Varadero
Estacional: Alxer, Atenas, Barcelona, Bucarest (comeza en xuño de 2018),[8] Charlottetown, Curaçao, Ixtapa/Zihuatanejo, La Romana, Lisboa (comeza en xuño de 2018),[8] Liberia (CR), Marsella, Cidade de México, Niza, Phoenix-Sky Harbor (comeza en febreiro de 2018),[12] Puerto Vallarta, San Xosé de Costa Rica, Santa Lucía-Hewanorra comeza en decembro de 2017), Venecia-Marco Polo
Air China Pequín-Capital, A Habana
Air Creebec Chibougamau, Chisasibi, Eastmain, Kuujjuarapik, Nemaska, Val-d'Or, Waskaganish, Wemindji
Air France París-Charles de Gaulle
Air Inuit Kuujjuaq, Kuujjuarapik, La Grande, Puvirnituq, Quebec, Salluit, Schefferville, Sept-Îles
Air Saint-Pierre Saint-Pierre
Air Transat Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Fort Lauderdale, Holguín, La Romana, Lisboa, Málaga, Montego Bay, Orlando, París-Charles de Gaulle, Porto Príncipe, Puerto Plata, Puerto Vallarta, Punta Cana, Río Hato, Roatán, Samaná, Santa Clara, St. Maarten, Toronto-Pearson, Vancouver, Varadero
Estacional: Acapulco, Atenas, Barcelona, Basilea/Mulhouse, Bordeos, Bruxelas, Cartaxena de Indias, Cozumel, Dublín, Fort-de-France, A Habana, Ixtapa/Zihuatanejo, Liberia (CR), Londres-Gatwick, Lión, Madrid, Managua, Marsella, Nantes, Niza, Pointe-à-Pitre, Porto, Praga, Quebec, Roma-Fiumicino, Rouyn-Noranda, San Andrés, San Xosé de Costa Rica, San Salvador, Santo Domingo-Las Américas (comeza en decembro de 2017),[13] San Xoán (comeza en decembro de 2017),[13] Santa Lucía-Hewanorra, Tampa (comeza en febreiro de 2018),[13] Tel Aviv-Ben Gurion, Tolosa, Venecia-Marco Polo
American Airlines Miami
American Eagle Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia, Filadelfia
Azores Airlines Estacional: Lisboa, Ponta Delgada
British Airways Londres-Heathrow
Copa Airlines Cidade de Panamá-Tocumen
Corsair International Estacional: París-Orly
Cubana Camaguey, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Cienfuegos, A Habana, Holguín, Santa Clara, Santiago de Cuba, Varadero
Delta Air Lines Estacional: Atlanta
Delta Connection Atlanta, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia
First Air Iqaluit, Kuujjuaq
Icelandair Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Interjet Cancún, Cidade de México
KLM Ámsterdam
Lufthansa Múnic
Estacional: Frankfurt
NextJet
operado por Propair
Chárter: Gatineau, Kitchener/Waterloo, Peterborough
Porter Airlines Halifax, Mont-Tremblant, Toronto-Billy Bishop
Provincial Airlines Quebec, Sept-Îles, Wabush
Qatar Airways Doha
Royal Air Maroc Casablanca
Royal Jordanian Amán-Raíña Alia
Sunwing Airlines Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Holguín, Montego Bay, Puerto Plata, Punta Cana, Santa Clara, St. Maarten (suspendido ata abril de 2018)[14], Varadero
Estacional: Acapulco, Aruba, Cayo Largo del Sur, Cozumel, Fort Lauderdale, Freeport, Huatulco, Ixtapa/Zihuatanejo, La Ceiba, La Romana, Liberia (CR), Manzanillo de Cuba, Puerto Vallarta, Río Hato, Roatán, San José del Cabo, Santiago de Cuba, Santa Lucía-Hewanorra (comeza en decembro de 2017)
Swiss International Air Lines Zürich
Tunisair Tunes
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
United Express Chicago-O'Hare, Newark, Washington-Dulles
WestJet Calgary, Fort Lauderdale, Toronto-Pearson, Vancouver
Estacional: Cancún, Edmonton, Orlando, Winnipeg
WestJet Encore Boston,[15] Halifax, Quebec, Toronto-Pearson
WOW air Reiquiavik-Keflavík
Aeroliñas Destinos
Ameriflight Buffalo
Glencore Kattiniq/Donaldson
SkyLink Express Hamilton (ON)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Aéroports de Montréal (ed.). "Montréal-Trudeau at a glance". Archived from the original on 15 de marzo de 2010. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  2. Aéroports de Montréal (ed.). "2016-2017 Aéroports de Montréal Passenger Statistics" (PDF). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  3. Aéroports de Montréal (ed.). "More than 110 direct destinations, four of them new, available this simmer from Montréal-Trudeau" (PDF). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  4. Aéroports de Montréal (ed.). "International Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  5. Aéroports de Montréal (ed.). "United States Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  6. Aéroports de Montréal (ed.). "Canada Flights". Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  7. Greater Toronto Airports Authority (ed.). "Long Haul Intercontinental Routes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Air Canada Expands its Global Network from Montreal with New Service to Bucharest, Romania and Lisbon, Portugal". aircanada.mediaroom.com. Consultado o September 28, 2017. 
  9. "Air Canada Introduces Montreal-Tokyo Non-stop Flights". Air Canada. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o August 23, 2017. 
  10. https://aircanada.mediaroom.com/2017-09-13-Air-Canada-Deepens-Embrace-of-the-Emerald-Isle-with-Expanded-Non-Stop-Services-to-Ireland-from-Toronto-and-Montreal
  11. 2017, UBM (UK) Ltd. "Air Canada / rouge W17 Mexico/Caribbean changes". Consultado o September 11, 2017. 
  12. 12,0 12,1 "Air Canada Announces Montreal - Lima Service; Its First Non-Stop South American flights from Montreal". News Release Archive. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o September 11, 2017. 
  13. 13,0 13,1 13,2 2017, UBM (UK) Ltd. "airtransat adds new nonstop sectors for W17". Consultado o September 11, 2017. 
  14. "Sunwing cancels St. Maarten flights through April 30, 2018; adds MoBay, Cancun capacity". September 15, 2017. 
  15. "WestJet expands Montreal service in S17". Routes Online. Consultado o February 12, 2017.