Engráulidos
Engráulidos Engraulidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bocareus (Engraulis encrasicolus) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos engráulidos (Engraulidae) é unha familia da orde dos clupeiformes que comprende numerosas especies de peixes denominados comunmente bocareus[1] ou bocartes[2].
Características
[editar | editar a fonte]- Os peixes desta familia son pequenos, xeralmente en torno aos 15 cm de longo, aínda que algunhas especies poden alcamzar preto dos 50 cm.
- A súa cor varía desde a azul escura até a gris clara, e presentan xeralmente unha banda prateada nos flancos.
- O corpo, translúcido, é fusiforme e está cuberto de escamas grandes cicloides que se desprenden con facilidade.
- A cabeza é grande, cos ollos cubertos por unha fina película, o fociño rematado en punta, e a boca, inferior, e moi ampla (ao que aluden os nomes populares galegos).
- O maxilar superior é prominente.
- A maioría das especies do Vello Mundo presentan escudos abdominais, que están ausentes nas do Novo Mundo, e que só teñen un escudo pelviano.
- Forman densos cardumes que ascenden á superficie durante a noite desde profundidades medias para alimentarse de zooplancto. As especies máis grandes suplementan a súa dieta con outros peixes pequenos.[3]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os engráulidos habitan nas augas costeiras dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, así como no mar Mediterráneo, e en grandes lagos de auga tanto doce como salgada, en zonas e climas cálidos e temperados.[3]
Aínda que as especies da familia son moitas e están amplamente distribuídas, na zona mediterránea e na costa europea do océano Atlántico a pesca excesiva levou a unha sensíbel diminución das poboacións de Engraulis encrasicholus nos últimos vinte anos. O alarmante descenso de capturas na campaña do 2005 obrigou á Unión Europea a decretar un paro biolóxico no mar Cantábrico.[4]
Varias especies de engráulidos, en especial Engraulis ringens (unha anchoveta), habitan a franxa de augas frías da corrente de Humboldt. Os seus límites xeográficos abarcan os litorais peruano e chileno entre os 3° 30' e os 37° S. Nesta zona distínguense dous stocks: o norte-centro do Perú, entre os 3° 30' e os 16° S, onde se rexistran as maiores concentracións, e o stock sur Perú-norte Chile, entre os 16° e os 24°.[5] Debido a que estes peixes se desprazan de norte a sur no seu proceso de crecemento, no norte peruano védase regularmente a súa captura (o que non sucede na zona sur).[6][7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1861 polo ictiólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[8]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Engraulidae está formado normalmente sobre a raíz do nome do se xénero tipo, Engraulis, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propio das familias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), e mais o Fossilworks, a familia divídese en dúas subfamilias,[9][10] que comprenden en total os seguintes 15 xéneros:
- Subfamilia Coiliinae [11]
- Xénero Coilia
- Xénero Lycothrissa
- Xénero Papuengraulis
- Xénero Setipinna
- XéneroThryssa
- Subfamilia Engraulinae [12]
- Xénero Amazonsprattus
- Xénero Anchoa
- Xénero Anchovia
- Xénero Anchoviella
- Xénero Cetengraulis
- Xénero Encrasicholina
- Xénero Engraulis
- Xénero Jurengraulis
- Xénero Lycengraulis
- Xénero Pterengraulis
- Xénero Stolephorus
e un xénero incertae sedis:[9]
- Xénero Pseudosetipinna
Porén, segundo o World Register of Marine Species (WoRMS) a familia comprende os seguintes 22 xéneros (sen distinguir subfamilias):[13]
Utilidade
[editar | editar a fonte]Moitas das especies son de grande importancia comercial, empregándose como alimento, para a fabricación de fariña de peixe, e tamén se utilizan como carnada.[3]
Cómpre salientar que a fariña de peixe é o principal produto pesqueiro de exportación tanto do Perú como de Chile, países que producen o 70 % do total mundial.
Consumo humano
[editar | editar a fonte]Os bocareus de varias especies, en particular Engraulis encrasicolus e Engraulis mordax, péscanse activamente para consumo humano. A primeira das especies ten unha grande importancia comercial. Péscase nas partes norte e ecuatorial do océano Atlántico centrooriental.[14] As capturas europeas e da África occidental oscilan anualmente entre as 200 000 e as 300 000 t.[15]
A segunda péscase principalmente en México na zona de pesca FAO 77, onde sa capturan anualmente de 10 000 a 50 000 t, mediante redes de cerco principalmente. Transfórmase sobre todo en fariña de peixe, e tamén se utilza como cardada para atúns e outros peixes e, ocasionalmente, en conserva para consumo humano.[16]
É corrente a preparación da primeira das especies anteditas en semiconserva baixo o nome de anchoas, para o que o peixe se limpa, salga e se presenta en aceite; nesta presentación forman parte de numerosos pratos, entre eles a ensalada César, varias salsas de peixe —a nước mắm vietnamita, a nam pla (น้ำปลา) tailandesa, a yúlù (
Na cociña mediterránea empréganse tamén en filetes de bocareus crus curtidos en vinagre (boquerones en vinagre, típicos das tabernas de Madrid e doutras cidades e vilas).
Nos países do sueste asiático, os engráulidos secos son coñecidos como «ikan bilis», «setipinna taty», ou en Indonesia «ikan teri» («ikan» é a palabra malaia para peixe), ou «dilis» en Filipinas.
En Galicia
[editar | editar a fonte]Das numerosísimas especies de engráulidos, só o coñecidísimo bocareu aparece citado por Rodríguez Villanueva e Vázquez, no tomo III da súa obra Peixes do mar de Galicia[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ bocareu no dicionario da RAG.
- ↑ bocarte no dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Engraulidae en FishBase.
- ↑ Anchoas en el Acuario de San Sebastian, por Antonio Figueras, Profesor de Investigación do CSIC en Vigo, 8 de agosto de 2011.
- ↑ Engraulis ringens Jenyns, 1842 en FishBase.
- ↑ Establecen cronograma de vedas de anchoveta para embarcaciones artesanales y de menor escala, además de veda reproductiva de merluza Arquivado 03 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Perú. Ministerio de la Producción (en castelán).
- ↑ Perú suspende pesca de anchoveta por cinco días Arquivado 19 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 4 de abril de 2016.
- ↑ Engraulidae Gill, 1861 no WoRMS.
- ↑ 9,0 9,1 Engraulidae no SIIT. (en inglés)
- ↑ Engraulidae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Coilinae no SIIT. (en inglés)
- ↑ Engraulinae no SIIT. (en inglés)
- ↑ Engraulidae no WoRMS.
- ↑ Engraulis encrasicolus na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 07-08-2016.
- ↑ Muus, Bent J. et al. (1988), p. 94.
- ↑ Engraulis mordax na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 07-08-2016.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995), p. 34.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Engráulidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Engráulidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Nizinski, M. S. e Munroe, T. A. (1988): FAO species catalogue, volume 2: Clupeoid Fishes of the World, Engraulidae, pp. 764–780. Roma: FAO. FAO Fisheries Synopsis 125, ISBN 92-5-102340-9. Ver en PDF
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. pp. 357–374.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La anchoveta peruana
- Cameron Walker (2003): "Fisheries Ebb and Flow in 50-Year Cycle, Study Says" en National Geographic News.
- Casificación dos Engraulidae no NCBI.
- Taxon Engraulidae na IUCN. Contén mapas de distribución das especies rexistradas.
- Engraulidae en FishBase (en inglés)
- Engraulidae na ADW.
- Engraulidae na EOL.
- Engraulidae Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.