(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Expocoruña - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Expocoruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recinto Feiral Expocoruña.

O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.[1]

Legalmente estrutúrase como a Fundación Instituto Ferial de A Coruña (IFECO) con carácter de entidade pública, conformada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Confederación de Empresarios da Coruña e Abanca.[2][3][4][5]

O proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75% máis do presupostado.[6] O edificio, deseñado por Luis Collarte,[7] inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.[8]

Conta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.[9]

Feiras e outras actividades

[editar | editar a fonte]

Algúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,[10] a Feira de Autónomos de Galicia[11] ou o Salón do Vehículo de Ocasión.[12]

Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010,[13] presentacións, congresos e mitins políticos.[14][15] Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.[16][17]

En abril de 2020 habilitouse no recinto un hospital de campaña para empregar durante a pandemia por coronavirus.[18]

  1. En 2012 Expocoruña obtuvo unos beneficios de 60.000 euros
  2. "Asociación de Ferias Españolas - Socio organizador EXPOCoruña". www.afe.es (en castelán). Consultado o 2022-12-19. 
  3. "El recinto ferial de A Coruña lleva medio año sin gerente y casi diez con sus estatutos sin adaptar a la ley". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2019-09-27. Consultado o 2023-02-10. 
  4. "Caixa Galicia se incorpora a la fundación del recinto ferial aportando 6 millones de euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-02-02. Consultado o 2023-02-10. 
  5. "Cámara y Confederación de Empresarios de A Coruña abandonan la gestión del Instituto Ferial » Galicia" (en castelán). Consultado o 2023-02-10. 
  6. Obelleiro, Paola (20-2-2008). "A Coruña estrena su primer recinto ferial aún sin acabar". El País (en castelán). Consultado o 12-4-2016. 
  7. "Premian el recinto ExpoCoruña por su gran funcionalidad". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  8. "ExpoCoruña abre sus puertas para recibir a 20.000 visitantes entre obras". 20 minutos (en castelán). 18-2-2016. Consultado o 12-4-2016. 
  9. "Que ofrecemos". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  10. Expotaku
  11. "Feira dos Autónomos de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  12. Motorcasión reunirá 700 coches en Expocoruña
  13. "Sónar Galicia". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  14. Rajoy participa este sábado en un almuerzo-mitin en A Coruña
  15. Un escenario de estrella
  16. Expocoruña se viste de blanco inmaculado para el juicio de la marea negra del “Prestige”
  17. Acción en vivo de Greenpeace
  18. Expocoruña ya está listo: A Coruña abre un hospital de campaña con 240 camas y 10.000 m2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]