Fats Domino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Antoine Dominique Domino Jr. 26 de febreiro de 1928 Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de outubro de 2017 (89 anos) Harvey, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | fallo orgánico |
Lugar de sepultura | Mount Olivet Cemetery (en) |
Outros nomes | Fats Domino |
Residencia | Nova Orleáns |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova Orleáns |
Ocupación | cantante, compositor de cancións, músico de jazz, pianista, compositor |
Período de actividade | 1949 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock and roll, Rhythm and blues, Boogie-woogie e Jazz |
Influencias | |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Imperial Polydor Records ABC Records Philips London Records (pt) Mercury Records Reprise Records |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
Páxina web | fatsdominoofficial.com |
|
Antoine Dominique "Fats" Domino Jr., nado en Nova Orleáns (Luisiana) o 26 de febreiro de 1928[1] e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 2017, foi un pianista, cantante e compositor de R&B e rock and roll estadounidense.
Ningún outro artista veterano do R&B da súa época conseguiu un maior impacto no rock'n'roll ca el, como o demostra a ampla variedade de artistas que versionearon os seus temas: dende Bobby Darin, Ella Fitzgerald, Ricky Nelson, Ike Turner e Tina Turner até John Lennon, Paul McCartney, Sheryl Crow, T. Rex, Los Lobos e Cheap Trick.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Medrou na súa cidade natal, e foi entregado á casa da súa avoa paterna. Ao igual que o que pasaba con moitas familias do barrio Lower Ninth Ward, a de Domino acababa de chegar dende Vacherie. Seu pai era un coñecido violinista que inspirouno a tocar un instrumento. Finalmente aprendeu do seu tío, o guitarrista de jazz Harrison Verrett.
En 1949, con Dave Bartholomew, compuxo e gravou The Fat Man (en realidade unha versión de Junker's Blues de Jack Dupree, á que Dave lle cambiara a letra)[2] que é considerada a primeira gravación dun rock.[3] Nese momento comezou a súa verdadeira carreira. Vendeu máis dun millón de copias e chegou ao número 2 das listas de R&B.[4]
Fats publicou cinco discos de ouro antes de 1955, e tivo 35 cancións no top 40 dos éxitos estadounidenses. O estilo de Domino está baseado no conxunto de R&B tradicional formado por contrabaixo, piano, guitarra eléctrica, batería e saxofón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fats Domino". Gran enciclopèdia catalana. Consultado o 28-10-2017.
- ↑ Rolf, Julia (2008). Blues : la historia completa. Barcelona: Ma Non Troppo. p. 172. ISBN 978-84-96924-30-7.
- ↑ Manrique, Diego A. (28-10-2017). "Muere Fats Domino, la voz amable del ‘rock & roll’". elpais.com. Consultado o 28-10-2017.
- ↑ "Fats Domino". The Biography.com website. Consultado o 28-10-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fats Domino |