KH-7
KH-7 (Keyhole-7) ou Gambit-1, parte do programa 206, foi a primeira serie de satélites de recoñecemento de alta resolución. Eran operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Os KH-7 foron os primeiros satélites de recoñecemento ópticos de alta resolución. O seu desenvolvemento provocou a cancelación dos KH-6, pertencentes ao programa Corona. Os KH-7 estabilizábanse nos tres eixos e nun momento dado separábanse da etapa Agena D á que ían unidos en órbita. Levaban a bordo o vehículo de reentrada para a película fotográfica e a cámara. O espello primario da cámara tiña 112 cm de diámetro e 196 cm de distancia focal, cun control preciso da temperatura, conseguindo resolucións de entre 0,61 e 0,91 m.[1][2]
Lanzáronse 38 KH-7 mediante foguetes Atlas LV-3 e Atlas SLV-3 entre 1963 e 1967, con dous lanzamentos fallados.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
KH-7 1 | 12 de xullo de 1963 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 2 | 6 de setembro de 1963 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 3 | 25 de outubro de 1963 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 4 | 18 de decembro de 1963 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 5 | 25 de febreiro de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 6 | 11 de marzo de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 7 | 23 de abril de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 8 | 19 de maio de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 9 | 6 de xullo de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 10 | 14 de agosto de 1964 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 11 | 23 de setembro de 1964 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 12 | 7 de outubro de 1964 | Atlas-SLV3 Agena-D | Fallo |
KH-7 13 | 23 de outubro de 1964 | Atlas-LV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 14 | 4 de decembro de 1964 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 15 | 23 de xaneiro de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 16 | 12 de marzo de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 17 | 28 de abril de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 18 | 27 de maio de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 19 | 25 de xuño de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 20 | 12 de xullo de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Fallo |
KH-7 21 | 3 de agosto de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 22 | 30 de setembro de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 23 | 8 de novembro de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 24 | 19 de xaneiro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 25 | 15 de febreiro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 26 | 18 de marzo de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 27 | 19 de abril de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 28 | 14 de maio de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 29 | 3 de xuño de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 30 | 12 de xullo de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 31 | 16 de agosto de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 32 | 16 de setembro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 33 | 12 de outubro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 34 | 2 de novembro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 35 | 5 de decembro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 36 | 2 de febreiro de 1967 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 37 | 22 de maio de 1967 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
KH-7 38 | 4 de xuño de 1967 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-7 |