LU-530
LU-530 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 57,055 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | LU-P-2925 Lugo (leste) |
Fin | LU-701 A Fonsagrada |
Concellos que atravesa
|
A LU-530[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Lugo e A Fonsagrada; atravesa os concellos de Lugo, Castroverde, Baleira e A Fonsagrada. Ten unha lonxitude de 57,055 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-P-2925 no leste de Lugo e finaliza nun cruzamento coa LU-701 na Fonsagrada.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Esta estrada é un medio de comunicación fundamental entre as comarcas da parte oriental da provincia de Lugo, así como os núcleos desta zona co oeste de Asturias. Atravesa núcleos como Castroverde, O Cádavo ou A Fonsagrada. A zona urbana do Cádavo está atravesada pola LU-530 por unha lonxitude de 0,5 quilómetros cunha senda curva onde se cruza coa LU-750 e a LU-710 a diferentes niveis que conectan a vila cos núcleos rurais da zona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.