PO-264
PO-264 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 3,57 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-550 Paredes |
Fin | N-550 Arcade |
Concellos que atravesa
|
A PO-264[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Paredes (Vilaboa) e Arcade (Soutomaior); atravesa os concellos de Vilaboa, Pontevedra e Soutomaior. Ten unha lonxitude de 3,57 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Paredes (Vilaboa) e finaliza nun cruzamento coa N-550 en Arcade (Soutomaior).
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada é un tramo do antigo camiño real que ía de Tui a Santiago de Compostela. Nalgún tramo coincide coa ruta portuguesa do camiño de Santiago.
Sae desde Paredes, no concello de Vilaboa. Pasa por riba da antiga liña de tren Redondela-Pontevedra, en desuso desde 2013. Logo de entrar no concello de Pontevedra pasa por baixo do Eixe atlántico de alta velocidade. Cruza o regueiro de Cacheiro e o río Ulló na súa desembocadura na enseada de San Simón, e entra na Ponte (Ponte Sampaio) pola rúa dos heroes da batalla de Ponte Sampaio.
Cruza o río Oitavén pola ponte de Ponte Sampaio e chega a Arcade. Atravesa a vila pola avenida de Xosé Solla e prosegue pola rúa do Calvario até enlazar de novo coa N-550.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
PO-264 na desembocadura do río Ulló
-
Sinal cara á PO-264 en Paredes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.