VG-1.6
VG-1.6 Vía de Alta Capacidade Mosqueiros-Santa Lucía | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,78 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AP-53 Mosqueiros |
Fin | N-525 Santa Lucía |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
A VG-1.6 ou Vía de Alta Capacidade Mosqueiros-Santa Lucía[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Mosqueiros (Teo) e Santa Lucía (Santiago de Compostela); atravesa os concellos de Teo e Santiago de Compostela. Ten unha lonxitude de 0,78 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AP-53 en Mosqueiros (Teo) e finaliza nun cruzamento coa N-525 en Santa Lucía (Santiago de Compostela).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda dos accesos á autoestrada de peaxe Central de Galicia, AP-53, á estrada AC-537 e á autovía AG-59 no lugar da Barcia (parroquia de Cacheiras do concello de Teo) e termina na rotonda da estrada nacional N-525 con outro acceso ao camiño de lugar do Eixo de Abaixo, no lugar do Valado (parroquia do Eixo do concello de Santiago de Compostela). Na metade do percorrido atópase o viaduto duns 95 metros sen pasar por baixo o río e esta limitada a velocidade máxima a 80 km/h co sinal de advertencia de perigo por vento transversal.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en maio de 2005,[3] e é un dos ramais da autovía AG-59 inaugurado en novembro de 2008.[4][5] Permitindo este ramal para a conexión coa estrada nacional N-525 pola alternativa da autoestrada de peaxe, AP-53.
Treitos
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-1.6 | AP-53 A Barcia - N-525 O Valado | 0,8 | 2008[4][5] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "El primer tramo de la variante de Teo estará terminado dentro de dos años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2005.
- ↑ 4,0 4,1 "La autovía AG-59 libera a Santiago del paso de 20.000 vehículos diarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ 5,0 5,1 "Acoe ve en la apertura de la autovía a Santiago un reto y una amenaza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2008.