Logos
Logos (en grego
É un dos tres modos de persuasión na retórica (xunto co ethos e o pathos), segundo a filosofía de Aristóteles.
Definicións
[editar | editar a fonte]Significado filosófico
[editar | editar a fonte]Heráclito utiliza esta palabra na súa teoría do ser, dicindo: "Non a min, senón escoitando ao logos, é sabio dicir xunto a el que todo é un." Tomando logos como a grande unidade da realidade, seica O real, Heráclito pide que a escoitemos, é dicir, que esperemos que ela se manifeste soa en lugar de oprimir.
O ser de Heráclito, entendido como logos, é a Intelixencia que dirixe, ordena e dá harmonía ao devir dos cambios que se producen na guerra que é a existencia mesma. Trátase dunha intelixencia substancial, presente en todas as cousas. Cando un ente perde o sentido da súa existencia apártase do Logos.
Significado psicolóxico
[editar | editar a fonte]En logoterapia, a terceira escola vienesa de psicoloxía -despois do psicanálise de Sigmund Freud e da Psicoloxía Individual de Adler- desenvolvida por Frankl, a procura do logos (neste caso: "sentido da existencia") é o centro do traballo existencial e terapéutico para atopar o senso e o significado que orientan a praxe do ser humano.
Significado teolóxico
[editar | editar a fonte]No prólogo do Evanxeo de Xoán, menciónase ao
ε ν α ρ χ η η ν ο λογοςκ α ι ο λογοςη ν προςτ ο ν θ ε ο ν κ α ι θεοςη ν ο λογοςno principio era o logos e o logos era con Deus o logos era Deus.
Traducido ao latín na Vulgata: In Principio erat Verbum et Verbum erat apud Deum et Deus erat Verbumno principio era o Verbo [a palabra razoada] e o Verbo era con Deus e o Verbo era Deus .
Moitas interpretacións xurdiron en torno ao significado do Logos neste versículo. Algúns relacionárono co Logos da filosofía grega e a xudeohelenística de Filón de Alexandría quen precisamente utiliza -antes do século I- a palabra grega
O Logos é interpretado como aquilo que existía desde o principio (αρχη/arkhé) con Deus (con maiúscula, porque é o nome propio). A palabra admite máis de trinta acepcións, no entanto e segundo santo Agostiño antes da existencia da creación non existía o tempo, o que converte á Razón na enerxía do Universo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soler, Fernando (2014). "Acercamientos al vocablo λόγος en el Comentario a Juan de Orígenes". Teología y Vida 55 (2): 287–299.