O balonmán é un deporte de pelota no que se enfrontan dous equipos. Cada equipo está composto por sete xogadores (seis xogadores e un porteiro), podendo o equipo contar con outros sete xogadores reservas que poden intercambiarse en calquera momento cos seus compañeiros. Xógase nun campo rectangular cunha portería en cada lado do campo. O obxectivo do xogo é desprazar unha pelota polo campo, valéndose fundamentalmente das mans, para tentar introducila na portería contraria, acción que se denomina gol. O equipo que marca máis goles ao finalizar o partido, que consta de dúas partes de 30 minutos, é o que resulta gañador, podendo darse tamén o empate.
Aínda que ao longo da historia ten habido numerosos xogos de pelota que empregaron as mans, o balonmán moderno é relativamente recente, xa que as súas primeiras reglamentacións datan dos últimos anos do século XIX, e a súa estandarización definitiva non chegou ata o ano 1926, cando as regras do xogo uniformáronse para o xogo entre equipos de once xogadores ao aire libre, modalidade que chegou a practicarse nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936, mais co paso do tempo o balonmán comezou a practicarse en pista cuberta, o que fixo que o número de xogadores se reducira a sete. Se ben durante un tempo as modalidades de once e sete xogadores, só esta última modalidade perviviu, debutando como deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972.
A Liga de Campións da EHF (EHF Champions League en inglés) é o nome que recibe a máxima competición de clubs de balonmán a nivel europeo. Está organizada pola EHF (European Handball Federation), e reúne aos mellores equipos das principais ligas do balonmán europeo. Inicialmente foi denominada Copa de Campións Europeos, mudando para a súa denominación actual en 1993.
A competición celébrase anualmente dende a tempada 1956-57, aínda que ao longo dos anos foi modificado o sistema de competición. Nos primeiros anos participaban unicamente os campións de cada unha das ligas nacionais adscritas á EHF. Actualmente reúne aos mellores clasificados das principais ligas, non só aos campións. O club con máis títulos da Copa de Europa de Balonmán é o FC Barcelona da Liga ASOBAL, con nove títulos, e o actual campión é o RK Vardar de Skopje (Macedonia do Norte), que se proclamou campión por primeira vez na súa historia logo de derrotar na final disputada no Lanxess Arena de Colonia (Alemaña) ao PSGfrancés.
Cozma foi guiado ao balonmán por seu pai, Petre, tamén xogador de balonmán, e comezou a xogar no CS Dinamo Bucureşti. Foi precisamente no Dinamo onde comezou a súa carreira profesional, xogando dende 2002 ata 2006, período no que gañou o campionato romanés na tempada 2004-2005. Durante o tempo que xogou no Dinamo, Cozma foi acoitelado unha vez preto da súa casa por un grupo de seareiros radicais dun equipo rival: "Preguntáronme se era Cozma do Dinamo e entón un deles acoiteloume polas costas", declarou. A pesar do incidente, Cozma recuperouse e pouco despois volveu á cancha. En 2006, asinou polo MKB Veszprém KC húngaro. Co seu novo equipo xogou a EHF Champions League na tempada 2006-2007, anotando 17 goles na competición. No 2008, gañou a liga húngara e a Recopa de Europa, derrotando ao Rhein-Neckar Löwenalemán na final.
Cozma foi asasinado o 8 de febreiro de 2009 cando estaba nun bar da cidade húngara de Veszprém e un grupo de 30 homes o agrediron. A pelexa continuou fóra do local, onde o xogador recibiu unha coitelada no corazón. Na liorta tamén se viron involucrados os seus compañeiros de equipo Ivan Pesic e Zarko Sesum, que tiveron que ser hospitalizados.