(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xogos Olímpicos de 1936 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de 1936

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1936
Editar o valor en Wikidata
Nome oficialSpiller vun der XI. Olympiad Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
Composto porAtletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1936
Tiro nos Jogos Olímpicos de Verão de 1936
Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 1936 +
../... 24 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes49
3.963 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos129 Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBerlín (Alemaña)
Estadio Olímpico de Berlín (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísReich alemán Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1 de agosto de 1936 – 16 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata
Número de edición11  (1936) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porAdolf Hitler Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porRudolf Ismayr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porFritz Schilgen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata

1932 Editar o valor en Wikidata
1940 Editar o valor en Wikidata
Entrada do Estadio Olímpico de Berlín, 1936
foto: Josef Jindřich Šechtl

Os Xogos Olímpicos de 1936 foron realizados en Berlín, en Alemaña, entre o 1 e o 16 de agosto, coa participación de 4066 atletas, sendo 328 mulleres, representando 49 países, en 22 modalidades deportivas, tornándose até entón os máis grandiosos, ben realizados, ricos e politicamente explotados Xogos Olímpicos até entón.

Abertos con grande pompa no espectacular e moderno Estadio Olímpico de Berlín por Adolf Hitler, o Führer do III Reich alemán, os Xogos se propoñían, subliminarmente, demostrar na práctica as teorías de superioridade racial aria pregoada polo líder nazi e os seus seguidores, que non escatimaron tempo, adestramento e recursos para producir o mellor equipo olímpico nacional montado para disputar este evento. Infelizmente para o Führer, un pequeno grupo de atletas, os negros norteamericanos, demostraría a falacia das teorías hitlerianas, conquistando a maioría das medallas do atletismo, a modalidade máis importante dos Xogos, liderados por Jesse Owens, un neto de ex-escravos, que gañou catro medallas de ouro nos 100m, 200m, relevo 4x100 e salto de lonxitude, en pleno estadio de Berlín cheo de arios loiros e estupefactos, no máis emblemático episodio da historia dos Xogos Olímpicos.

España boicoteou estes Xogos coa súa non participación. Organizou como alternativa a Olimpíada Popular en Barcelona. Suspendeuse por comezar a guerra civil o día antes da inauguración destes xogos. Algúns atletas, tanto españois como estranxeiros, permaneceron na cidade para loitar contra o levantamento militar.

Berlín asistiu á última presentación pública dun dos maiores heroes olímpicos, o grego Spiridon Louis, campión do maratón nos I Xogos, en Atenas, corenta anos antes. Xa vello, Louis entregou en cerimonia a Adolf Hitler un ramo de olivo collido nas montañas sagradas de Olimpia, inxenuamente, en nome da paz entre os pobos.

Política e deporte

[editar | editar a fonte]

Os Xogos prepararon un palco para a estética nazi e foron utilizados como vehículo de propaganda polo réxime nazi, como nunca antes acontecera. Os xornais nazis de Alemaña, controlados por Joseph Goebbels, ministro de propaganda de Hitler, omitiron completamente todas as novas referentes ás vitorias dos negros americanos en atletismo.

Reza a lenda que, insatisfeito co éxito de Jesse Owens diante dos seus ollos, Hitler se retirou furioso do estadio após a vitoria de Owens no salto de lonxitude, cando quebrou o récord mundial derrotando ó campión alemán, Lutz Long. A realidade é que Hitler non se atopaba no estadio nese día. Long, alemán, branco, loiro e de ollos azuis, e Owens, negro norteamericano e descendente de escravos, tornáronse bos amigos e conversaban durante todas as probas diante das autoridades nazis; Long chegou a orientar e animar a Owens, cando este case erra na tentativa de se clasificar nas eliminatorias do salto de lonxitude. O alemán morreu en combate loitando coas tropas da Wehrmacht en Sicilia, en 1943, e polo seu espírito deportivo foi condecorado postumamente polo COI coa medalla Pierre de Coubertin.

No maratón, venceu o coreano Sohn Kee-chung correndo coas cores xaponesas baixo o nome de Kitei Son, por estar o seu país ocupado polo Xapón, un dos aliados da Alemaña nazi, dende 1910. Ídolo na súa Corea natal e fervoroso nacionalista, Sohn, obrigado a competir polos dominadores, pasou todo o tempo explicando pacientemente ós xornalistas que o seu país era unha nación independente ocupada polo Xapón, sen medo a represalias, pois os xaponeses estaban máis interesados na súa vitoria que na diplomacia. Sohn recibiu a súa medalla de ouro no podio olímpico ouvindo o himno nacional xaponés baixo a bandeira do sol nacente, ollando para o chan. Nos anos 80, o COI recoñeceu oficialmente a súa nacionalidade e devolveu a medalla adxudicada ó Xapón. En 1988, ós 75 anos, Sohn Kee-chung, o Kitei Son de Berlín en 1936, un dos maiores heroes deportivos da historia, entraba no estadio olímpico de Seúl cargando o facho olímpico, ante a ovación emocionada do seu verdadeiro pobo, anfitrión daqueles Xogos.

Modalidades disputadas

[editar | editar a fonte]
Participantes

O baloncesto, o piragüismo e o balonmán fixeron a súa primeira aparición nos Xogos Olímpicos e o Polo despediuse deles.

Cadro de medallas

[editar | editar a fonte]

A pesar de que á fin dos Xogos lideraron o cadro de medallas con 33 de ouro, un pouco por riba dos Estados Unidos e moito menos das súas expectativas, os alemáns tiveron que engulir algunhas derrotas nos deportes colectivos para os que se prepararan duramente para vencer. A India tornouse tricampioa de hóckey sobre herba, Italia gañou o torneo de fútbol e Hungría consagrouse como bicampioa de wáter-polo. Ademais a prensa internacional escolleu como musa dos Xogos á xudía neerlandesa Hendrika Mastenbroek, de dezasete anos, campioa olímpica de natación nos 100 m, 400 m e relevo 4×100. Anos despois, "Rea", o alcume polo que era coñecida, integrou a resistencia subterránea neerlandesa contra a ocupación nazi do seu país.

Cadro de Medallas
Posición País   Ouro     Prata     Bronce   Total
1 Alemaña 33 26 30 89
2 Estados Unidos 24 20 12 56
3 Hungría 10 1 5 16
4 Italia 8 9 5 22
5 Finlandia 7 6 6 19
6 Francia 7 6 6 19
7 Suecia 6 5 9 20
8 Xapón 6 4 8 18
9 Países Baixos 6 4 7 17
10 Gran Bretaña 4 7 3 14
  • En Berlín introduciuse o relevo que transportou a Chama Olímpica de Olimpia, en Grecia, até o estadio olímpico de Berlín, na sede dos Xogos, por máis de tres mil atletas a través de Europa.
  • Alén da mellor tecnoloxía e confort existentes na época, dispostos polo goberno nazi para demostrar a superioridade da eficiencia xermana, un feito que marcaría as comunicacións do século XX aconteceu por primeira vez en Berlín: espalladas por cinemas e teatros da cidade e con imaxes proxectadas por circuíto interno en enormes panos brancos rectangulares pendurados, espectadores privilexiados asistiron á transmisión da apertura e dalgunhas probas dos Xogos por medio da televisión, no que se considera que foi o primeiro evento deportivo en ser transmitido en directo[1].
  • O goberno nazi non escatimou recursos para producir o máis impresionante documental realizado sobre os Xogos, Olympia, dirixido pola cineasta Leni Riefenstahl, famosa no cinema alemán daqueles tempos e protexida do ditador, e feito máis para valorizar as ideas nazis que a competición deportiva en si, que mostra nun branco e negro contrastado, ó gusto de Hitler.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]