Xogos Olímpicos de Inverno de 2010
Nome oficial | XXI. Olympesch Wanterspiller |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Inverno |
Mascota | Quatchi (en) |
Deporte | Deporte de inverno |
Número de participantes | 82 2.566 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 86 |
Localización | Estádio BC Place (pt) (Vancouver) 49°16′36″N 123°06′43″O / 49.276666666667, -123.11194444444 |
País | Canadá |
Intervalo de tempo | 12 de febreiro de 2010 – 28 de febreiro de 2010 |
Número de edición | 21 (2010) |
Aberto oficialmente por | Michaëlle Jean |
Xuramento feito por | Michel Verrault (pt) Hayley Wickenheiser |
Facho acendido por | Catriona Le May Doan (pt) Steve Nash Nancy Greene (pt) Wayne Gretzky |
Competición | |
Resultado | Emil Hegle Svendsen |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Os XXI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na cidade canadense de Vancouver, Columbia Británica, entre o 12 e o 28 de febreiro de 2010. Tras o fin deste evento, Vancouver organizou os Xogos Paralímpicos entre o 12 e o 21 de marzo dese mesmo ano.
A cidade de Vancouver foi elixida sede dos Xogos polo Comité Olímpico Internacional (COI) por riba das candidaturas surcoreana en Pyeongchang e austríaca en Salzburgo. Foi a terceira vez que os Xogos Olímpicos de Inverno tiñan lugar no Canadá, tras os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 1988.
2.632 atletas inscribíronse inicialmente para os Xogos [1] superando a marca establecida pola edición anterior, Turín 2006.
Elección da sede
[editar | editar a fonte]Cidade candidata | Mín | Máx |
---|---|---|
Andorra la Vella | 3 | 4 |
Berna | 4,5 | 6,5 |
Harbin | 5 | 6 |
Jaca | 5 | 6,5 |
Pyeongchang | 6 | 7,5 |
Salzburgo | 7 | 8 |
Saraxevo | 3 | 5 |
Vancouver | 7 | 9 |
Oito cidades presentaron a súa candidatura ante o COI antes do peche do proceso de recepción, o 4 de febreiro de 2001. Xunto a Vancouver, aspiraron a ser a sede dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno as cidades Andorra la Vella, Berna, Harbin, Jaca, Pyeongchang, Salzburgo e Saraxevo.
Seguindo o sistema de elección e avaliación implementado coa fin de solucionar os problemas detectados na elección da sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, as cidades candidatas foron sometidas a unha revisión técnica por parte do Grupo de Traballo de Aceptación de Candidaturas, que as avaliou e procedeu a establecer cales delas non acadaban os requirimentos mínimos, para que os membros do COI puideran concentrar a súa elección sobre as restantes.
O Grupo de Traballo presentou o informe o 11 de xullo de 2002. Para a súa realización examinou as candidatas en dez apartados (apoio gobernamental e da opinión pública, infraestrutura xeral, infraestrutura deportiva, vila olímpica, condicións ambientais e impacto, aloxamento, transporte, seguridade, experiencia previa e finanzas) e confeccionou unha táboa de "concepto xeral" coa fin de descartar aquelas cidades que non estaban nas condicións adecuadas de ser a sede olímpica en 2008. A tal fin, o Grupo de Traballo considerou que, nunha cualificación de 0 a 10, non se debería elixir unha cidade que tivese unha cualificación inferior a 6.[2]
Vancouver estivo entre as mellores cidades cualificadas en case a totalidade dos temas analizados e a súa cualificación final foi a mellor das oito candidaturas. A súa candidatura recibiu as seguintes cualificacións por apartado, ordenados de xeito decrecente conforme a mínima:
Resultados da votación do COI[3] | |||||
---|---|---|---|---|---|
Cidade | País | Ronda 1 | Ronda 2 | ||
Vancouver | Canadá | 40 | 56 | ||
Pyeongchang | Corea do Sur | 51 | 53 | ||
Salzburgo | Austria | 16 | — |
- Vila olímpica: 80-93
- Infraestrutura deportiva: 76-85
- Experiencia: 70-83
- Aloxamento: 70-85
- Transporte: 69-81
- Seguridade: 68-78
- Condicións ambientais: 67-85
- Financiamento: 64-76
- Apoio do goberno e a poboación: 60-81
- Infraestrutura xeral: 55-70
Vancouver obtivo a súa puntuación máis baixa en infraestrutura xeral debido á longa distancia, superior aos 100 km, da estrada que conecta Vancouver con Whistler e o seu estado, mentres que as mellores puntuacións foron as relacionadas coa infraestrutura deportiva e a experiencia. Salzburgo, a súa principal competidora, superou en varios puntos a Vancouver chegando a cualificacións próximas a perfectas mais tivo unha cualificación mediocre respecto a súa vila olímpica. Segundo a avaliación, Vancouver e Salzburgo estaban por riba das condicións mínimas requiridas, mentres que Berna e Pyeongchang estaban xusto nas condicións mínimas. O resto das candidaturas estaban por debaixo e foron rexeitadas polo COI.
Facho Olímpico
[editar | editar a fonte]Do 22 de outubro de 2009 ao 12 de febreiro de 2010, máis de 12.000 relevistas levaron o facho olímpico nun percorrido de máis de 45.000 km que comezou na cidade de Olimpia (Grecia) e que pasou por Atenas antes de partir cara ao Canadá, onde a ruta seguida foi a seguinte:
Victoria - Whitehorse - Yellowknife - Churchill - Iqaluit - St. Johns - Halifax - Quebec - Montreal - Otava - Toronto - Winnipeg - Calgary - Prince George - Vancouver
Deportes
[editar | editar a fonte]A seguinte lista mostra as 15 disciplinas deportivas participantes nos Xogos Olímpicos de Vancouver, cun total de 86 eventos (entre paréntese o número de eventos):
|
|
|
Países participantes
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 e o número de atletas representantes:
Calendario das Competicións
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de Vancouver leváronse a cabo 86 competicións en 15 deportes. Na seguinte táboa quedan detallados os días nos que tiveron lugar as competicións de cada deporte. As celas en azul corresponden aos días nos que se disputou cada disciplina e as celas en amarelo corresponden ás finais. O número indica a cantidade de finais disputadas nesa data. A cerimonia de apertura foi o día 12 ás 18:00 (hora de Vancouver)[5]
|
Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Canadá | 14 | 7 | 5 | 26 |
2 | Alemaña | 10 | 7 | 20 | 30 |
3 | Estados Unidos | 9 | 15 | 13 | 37 |
4 | Noruega | 9 | 8 | 6 | 23 |
5 | Corea do Sur | 6 | 6 | 2 | 14 |
6 | Suíza | 6 | 0 | 3 | 9 |
7 | China | 5 | 2 | 4 | 11 |
8 | Suecia | 5 | 2 | 4 | 11 |
9 | Austria | 4 | 6 | 6 | 16 |
10 | Países Baixos | 4 | 1 | 3 | 8 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vancouver 2010 Winter Olympics. "Athletes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25/12/2010. Consultado o 12/02/2010.
- ↑ Comité Olímpico Internacional (11 de xullo de 2002). "Report by the IOC Candidature Acceptance Working Group" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/09/2008. Consultado o 13/02/2010.
- ↑ "GamesBids.com Past Olympic Games Bids Results". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2011.
- ↑ Sports-Reference.com. "Olympic Countries" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25/12/2018. Consultado o 30/10/2009.
- ↑ Vancouver inaugura unos juegos marcados por la tragedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 |
- Sitio oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés) e (en francés)
- Sitio oficial dos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010 Arquivado 28 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés) e (en francés)