Sufixo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En morfoloxía lingüística, sufixo é o morfema derivativo ou afixo que se engade despois do lexema, raíz ou tema dunha palabra e antes dos morfemas constitutivos para engadirlle a este unha información suplementaria. A palabra nova así formada denomínase palabra derivada, e o mecanismo polo cal se fai coñécese como derivación.
Características
[editar | editar a fonte]Os sufixos en galego posúen tres características:
- son tónicos: cargan co acento da palabra: Azucre / azucreiro.
- poden cambiar o rango gramatical dunha palabra: am-ou (verbo), am-or (substantivo), am-able (adxectivo), amable-mente (adverbio)
- poden cambiar o xénero dun substantivo: A casa / O cas-ón. A cabra / O cabrón
Tipoloxía
[editar | editar a fonte]Existen varias clases de sufixos segundo deferentes criterios. Por exemplo, segundo a categoría gramatical que fornece ao lexema, hai sufixos que son nominalizantes porque forman substantivos (-anza, -encia, -ción, -zón etc...); adxectivizantes porque crean adxectivos (-il, -oso, -ble etc...) verbalizantes porque crean verbos (-ear, -izar, -ificar) e adverbializadores porque crean adverbios (-mente).
Sufixos alterativos
[editar | editar a fonte]Varían a significación sen mudar a categoría gramatical. Pódense dividilos en tres subtipos: diminutivos, aumentativos e despectivos. Os diminutivos e aumentativos permiten falar dunha certa gradación dos substantivos, mais acostuman transmitir tamén valores afectivos, pexorativos, intensificativos...
Un dos sufixos diminutivos máis común en galego é -iño/a, pois pode empregarse con tódolos substantivos, conforme ás seguintes regras:
- Substantivos rematados en vogal átona: moza>mociña, navalla>navalliña.
- Substantivos rematados en vogal tónica: pé>peíño, papá>papaíño.
- Os rematados en ditongo crecente -io, -ia: croio>croíño, xoia>xoíña, raia>raíña.
- Os rematados en ditongo decrecente ou -n: pau>pauciño, man>manciña, irmán>irmanciño, nai>naiciña, rei>reiciño, can>canciño. Os substantivos femininos do tipo de irmá fan o diminutivo partindo do masculino: irmá>irmanciña, mañá>mañanciña, la>lanciña, ra>ranciña...
- Os rematados en consoante distinta de -n: rapaz>rapaciño, luz>luciña, muller>mulleriña.
O resto dos diminutivos teñen menor rendemento e empréganse cun número limitado de substantivos.
Sufixos alterativos
[editar | editar a fonte]- oso/orgulloso
- ico/a: fachico
- echo: cornecho, fendecha
- oupo/a: casoupa
- uxo/a: cabuxa
- uco: fachuco, mulleruca
- acho/a: riacho, fiacho, coiracho
- ancho: ferrancho
- astro/a: palastro
- olo/a: rapazolo, pernolas
- elo/a: soutelo, fontela
- ete/a: mocete, rapaceta
- exo/a: lugarexo
- azo/a: homazo
- on/a, oa: cabalón, mullerona, mulleroa
- oso/orgulloso
Sufixos derivativos
[editar | editar a fonte]Ademais de variar a base semántica do substantivo poden cambiar a palabra de categoría gramatical: alumnado, amilladoiro, verdadeiro.
Son moi ricos en matices significativos; entre eles están:
- ado: profesorado
- eiro: taberneira
- ista: xornalista
- al: cultural
- és: francés
- ego: chairego
- ada: niñada
- doiro: obradoiro, lavadoiro
Estes sufixos poden estar especializados en diversas significacións; sufixos colectivos como -eda ou -edo; que indican potencialidade, como -ble ou "que está cheo de", como -oso.