(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Tokugawa Ieyasu - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tokugawa Ieyasu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTokugawa Ieyasu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 徳川とくがわ家康いえやす Editar o valor en Wikidata
Nome póstumoあずまあきらだい権現ごんげん Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 松平まつだいらたけせんだい Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1543 Editar o valor en Wikidata
Castelo de Okazaki, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1616 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Castelo de Sunpu, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKunōzan Tōshō-gū (en) Traducir
Nikkō Tōshō-gū (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Daijō Daijin (pt) Traducir
21 de marzo de 1616 – 17 de abril de 1616
Ōgosho (pt) Traducir
1605 –
Udaijin
24 de marzo de 1603 – 18 de novembro de 1603
← Imadegawa Harusue (en) TraducirToyotomi Hideyori (pt) Traducir →
Shōgun
1603 – 1605
← Ashikaga Yoshiaki (pt) TraducirTokugawa Hidetada (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCastelo Edo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónSamurai Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDaimiô (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaClã Tokugawa (pt) Traducir, Tokugawa family (en) Traducir e Clã Matsudaira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTsukiyama-dono
Seiei-in
Seiunin
Ryoūn-in
Sutsien-si
Taieiin
Shinjuin
Fushoin
Q24875678
Rengein
Sanjōshi
Yōgen-in
Yegonvie
Yōju-in
Shimoyama-dono
Asahihime
Kame no kata
Chōshō-in
Chaa no Tsubone
Saigō
Okaji no Kata
Q109658502 Editar o valor en Wikidata
ParellaSaigō Editar o valor en Wikidata
FillosMatsuhime
 ()
Tobai-in, filla adoptiva
 () Matsudaira Yasuchika
Suzuki Ichizō (incerteza)
 ()
Matsudaira Nobuyasu
 () Tsukiyama-dono
Kame-hime
 () Tsukiyama-dono
Toku-hime
 () Sutsien-si
Yūki Hideyasu
 () Chōshō-in
Nagami Sadachika (incerteza)
 ()
Tokugawa Hidetada
 () Saigō
Furi-hime
 ()
Matsudaira Tadayoshi
 () Saigō
Takeda Nobuyoshi
 () Shimoyama-dono
Mate-hime, filla adoptiva
 () Matsudaira Yasumoto
Matsudaira Tadateru
 () Chaa no Tsubone
Matsudaira Matsuchiyo
 () Chaa no Tsubone
Matsudaira Senchiyo
 () Kame no kata
Tokugawa Yoshinao
 () Kame no kata
Tokugawa Yorinobu
 () Yōju-in
Tokugawa Yorifusa
 () Yōju-in
Ichi-hime
 () Okaji no Kata Editar o valor en Wikidata
PaisMatsudaira Hirotada Editar o valor en Wikidata  e Odai no kata Editar o valor en Wikidata
IrmánsTakehime
Ichiba-hime
Matsudaira Yasutoshi
Matsudaira Yasumoto
Hisamitsu Sadakatsu Editar o valor en Wikidata
ParentesKomatsuhime, filla adoptiva
Matsudaira Ieharu, fillo adoptivo
Okudaira Tadamasa, fillo adoptivo
Matsudaira Tadaaki, fillo adoptivo
Mate-hime, fillo adoptivo
Ei-hime, fillo adoptivo
Kumahime, fillo adoptivo
Eijuin, fillo adoptivo
Ryōjun-nyūdōshinnō, yūshi
Ren-hime, fillo adoptivo
Enshōin, fillo adoptivo
Kyōdai-in, fillo adoptivo
Takakatsu-in, fillo adoptivo
Tsubakihime, fillo adoptivo
Jomyo-in, fillo adoptivo
Ryuko-in, fillo adoptivo
Tobai-in, fillo adoptivo
Kōgen-in, fillo adoptivo
Shōjō-in, fillo adoptivo
Teishō-in, fillo adoptivo
Seigen’in, fillo adoptivo
Shosen'in, fillo adoptivo
Q108747363, fillo adoptivo
Shoshitsu'in, fillo adoptivo
Dōsen-in, fillo adoptivo
Q108824272, fillo adoptivo
Q108824241, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5472489 WikiTree: 松平-78 Find a Grave: 6826472 Editar o valor en Wikidata

Tokugawa Ieyasu (徳川とくがわ 家康いえやす), nado en Okazaki o 31 de xaneiro de 1543 e finado en Sunpu o 1 de xuño de 1616, foi o fundador e primeiro shōgun do shogunato Tokugawa do Xapón, que gobernaron dende a batalla de Sekigahara, en 1600, ata a Restauración Meiji en 1868. Ieyasu gobernou dende 1600 (oficialmente 1603) ata a súa renuncia en 1605.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia (1543-1556)

[editar | editar a fonte]

Tokugawa Ieyasu naceu o 31 de xaneiro de 1543 na provincia de Mikawa. O seu nome orixinal era Matsudaira Takechiyo. Era fillo de Matsudaira Hirotada (1526-1549), un daimyō de Mikawa que pasaba a maioría do seu tempo en guerra contra os clans Oda e o Imagawa. A familia Matsudaira estaba dividida en dúas faccións: un lado quería ser vasalo do clan Imagawa, mentres que o outro prefería o clan Oda. Esta pelexa familiar foi a razón do asasinato do pai de Hirotada (avó de Takechiyo), Matsudaira Kiyoyasu (¿?-1536). A diferenza do seu pai e a maioría da súa familia, Hirotada atopou o clan Imagawa como o menor de dous males. A lealdade de Hirotada cara aos Imagawa causou que o resto da saúa familia apoiase o clan Oda con máis forza que antes. En 1548, cando o clan Oda invadiu Mikawa, Hirotada dirixiuse con Imagawa Yoshimoto, cabeza do clan Imagawa, en demanda de axuda para combater os invasores. Yoshimoto accedeu a axudar coa condición de que Hirotada enviase o seu fillo Takechiyo a Sunpu como un refén no exilio.[1] Hirotada aceptou, a pesar da presión os membros da familia Matsudaira. Takechiyo e un grupo de serventes foron enviados cara a Sunpu como reféns.

Oda Nobuhide, o líder dos Oda, decatouse do amaño de Hirotada e Imagawa e atacou a caravana na que viaxaba Takechiyo. Foi capturado e levado ao castelo Kowatari en Owari. Nobuhide ameazou con asasinar a Takechiyo a menos que Hirotada rompese todos os vínculos que tiña co clan Imagawa. Hirotada dixo que sacrificar o seu propio fillo mostraría a seriedade do pacto co clan Imagawa.

Takechiyo, porén, non sufriu ningún dano. En 1549, Hirotada faleceu de causas naturais; pouco tempo despois, Nobuhide tamén morreu. As mortes fixeron un gran dano a un xa debilitado clan Oda e deixaron a familia Matsudaira sen líder. Con Imagawa nunha posición forte, Yoshimoto enviou un exército a cargo do irmán máis novo do seu pai, Imagawa Sessai, para atacar un castelo Oda onde vivía Oda Nobuhiro, o fillo máis vello de Nobuhide, e nova cabeza dos Oda.

Sessai tomou o castelo e capturou a Nobuhiro como refén. Negociando co segundo fillo de Nobuhide, Oda Nobunaga, ofreceulle devolver o castelo aos Oda e perdoar a vida de Nobuhiro a cambio de que se permitise a Takechiyo regresar cos Imagawa. Nobunaga aceptou, Nobuhiro e o castelo foron devoltos aos Oda. Sessai regresou a Sunpu con Takechiyo. Takechiyo creceu en Sunpu, mais os seus familiares en Mikawa, estaban temerosos sobre o futuro dos Matsudaira agora que o clan Oda estaba debilitado e que os Matsudaira eran vasalos dos Imagawa.

A escalada cara ao poder (1556-1584)

[editar | editar a fonte]

En 1556, cando contaba trece anos, Takechiyo, cambiou o seu nome polo de Matsudaira Motoyasu. A cambio do seu regreso a Mikawa, os Imagawa ordenáronlle pelexar contra o clan Oda nunha serie de batallas. Motoyasu gañou a súa primeira batalla en Terabe, alcanzando gran sona. Por entón, Oda Nobuhiro falecera, e o liderado do clan Oda pasara a mans de Oda Nobunaga. Despois desas batallas, os Matsudaira e os soldados de Mikawa comezaron a demandar unha maior autonomía aos Imagawa. En 1560, Yoshimoto xuntou 20 000 homes (moitos deles de Mikawa), cos que marchou cara a Kyoto: foi o primeiro daimyō en facer isto dende 1538. Motoyasu foi enviado de Mikawa cos seus homes para atacar o forte Marune. Ao capturar o forte, Motoyasu e os seus homes quedaron no lugar para defendelo. Por isto, Motoyasu e os seus homes, evitaron a sanguenta batalla de Okehazama, que tivo lugar preto de Nagoya, onde o clan Imagawa foi derrotado polo exército de Oda, e Imagawa Yoshimoto asasinado. Motoyasu retirouse xunto cos seus homes a Mikawa, e finalmente, coa morte de Yoshimoto, decidiu liberarse da influencia dos Imagawa.

Motoyasu decidiu aliarse cos Oda,[2] pactando un trato secreto con Oda Nobunaga. Este segredismo era necesario debido a que moitos membros da familia Matsudaira (incluíndo a esposa de Motoyasu e o seu fillo, Hideyasu) aínda eran reféns en Sunpu do novo líder dos Imagawa, Imagawa Ujizane, fillo de Yoshimoto. En 1561, Motoyasu e os seus homes marcharon e capturaron o forte Kaminojo, pertencente aos Imagawa, o que indicou a Nobunaga que Motoyasu xa non era leal aos Imagawa. Motoyasu matou o comandante do castelo, Udono Nagamochi, e tomou a súa esposa e os seus dous fillos como reféns. Ujizane, dándose conta que os Udono eran máis importantes que os Matsudaira, liberou a familia Matsudaira a cambio da esposa e os fillos de Udono.

Agora, tendo liberdade de acción co regreso da súa familia, Motoyasu comezou a reformar o clan Matsudaira despois de anos de decadencia, e pacificar Mikawa. Tamén consolidou e fixo máis poderosos os seus vasalos regalándolles terras e distribuíndo os castelos de Mikawa aos máis importantes (incluíndo Honda Tadakatsu, Ishikawa Kazumasa, Koriki Kiyonaga, Sakai Tadatsugu, e Sakikabara Yasumasa) en 1566.

En 1564, Motoyasu derrotou a Mikawa Monto, un grupo militar anti Matsudaira, case perdendo a súa vida no proceso cando foi golpeado por unha bala que non penetrou na súa armadura. En 1565, atacou as defensas de Imagawa en Totomi. En 1567, pediu ao emperador Ogimachi cambiar o seu apelido por Tokugawa, tomando o nome Tokugawa Ieyasu. Despois disto, comezou a demandar descendencia de parte do clan Minamoto a través do clan Nitta, e ao final, demandou ter descendencia da familia imperial. Ao mesmo tempo, deseñou unha árbore familiar que tomaba descendencia do clan Fujiwara. Historiadores modernos empregan isto como proba de que os reclamos de Ieyasu de herdanza imperial foran fabricados para lexitimarse a si mesmo.[3]

A pesar de que a familia Tokugawa era simbolicamente independente, aínda non podían sobrevivir sen o clan Oda, e sen o mesmo Nobunaga. Cando Nobunaga tomou Kyoto en 1568, converteuse no líder de facto do Xapón, moitas das tropas vitoriosas pertencían a Tokugawa. Ao mesmo tempo, Ieayasu estaba impaciente por comezar a expandir os seus propios territorios. El e Takeda Shingen, quen estaba á cabeza do clan Takeda en Kai, conviñeron un pacto, onde xuntos se farían co resto do territorio de Imagawa.[4] En 1570, as tropas de Ieayasu finalmente apropiáronse de Totomi, e despois Shingen ocupou Suruga e Sumpu, a capital dos Imagawa. Non obstante, contra ese momento, a alianza entre os Takeda e os Tokugawa ía en descenso, e mesmo Ieyasu se uniu co seu inimigo Imagawa Ujizane prometéndolle que lle devolvería Totomi e Suruga. Ao mesmo tempo, Ieyasu fixo outro pacto, esta vez con Uesugi Kenshin, o xefe do clan Uesugi e grande inimigo do clan Takeda. Tendo asegurado o apoio dos Uesugi, Ieyasu moveu a súa capital de Okazaki en Mikawa a Hamamatsu en Totomi.[5]

Coas terras dos Imagawa completamente absorbidas pola influencia Tokugawa, os membros do clan Imagawa convertéronse en vasalos dos Tokugawa, cos Uesugi como os seus aliados máis fortes. Os Tokugawa e os Takeda estaban listos para a guerra. Ieayasu aínda tiña o apoio de Nobunaga, mais este pensaba que algunhas cosas nas que Ieyasu se estaba metendo non eran completamente seguras. En 1570, Ieyasu conduciu 5000 dos seus homes para axudar a Nobunaga na batalla de Anegawa en contra dos Azai e os Asakura; isto consolidou a alianza Tokugawa-Oda. Porén, Ieyasu non foi capaz de volver axudar a Nobunaga en dous anos e a guerra cos Takeda comezou en 1571.

En 1572, os Takeda tomaron o castelo Futamata pertencente a Ieyasu, e Shingen derrotou a Ieyasu na batalla de Mikatagahara, onde Ieyasu case perdeu a súa vida conducindo as súas tropas. Takeda Shingen morreu en 1573, e foi sucedido polo seu fillo Takeda Katsuyori, quen capturou o castelo Taketenjin en 1574. Con todo, a pesar da captura deste importante porto Tokugawa, o dominio dos Takeda achegábase á súa fin. En 1575, Katsuyori atacou o castelo Nagashino en Mikawa, e Ieyasu pediu axuda a Nobunaga. Cando Nobunaga mostrou algo de aprehensión ao atacar a Takeda, Ieyasu ameazou con facer as paces cos Takeda e atacar o clan Oda en Owari e en Mino. Nobunaga cambiou de parecer e enviou o seu exército cara a Mikawa. As forzas Oda-Tokugawa de 38 000 homes devastaron os Takeda o 28 de xuño de 1575, aínda que nos seguintes anos, Takeda Katsuyori continuou a atacar os territorios dos Oda e os Tokugawa.

En 1579, a esposa de Ieyasu e o seu fillo máis vello, Tokugawa Hideyasu, foron acusados de conspirar con Takeda Katsuyori para asasinar a Nobunaga. A esposa de Ieyasu foi decapitada, e Hideyasu foi forzado a facer seppuku. Entón, Ieyasu nomeou o seu terceiro fillo (o seu favorito) Tokugawa Hidetada como herdeiro, pois o seu segundo fillo foi adoptado por Toyotomi Hideyoshi, un gran samurai.

En 1582, outro ataque combinado entre os Oda e os Tokugawa destruíu os Takeda. Takeda Katsuyori, así como o seu fillo máis vello e herdeiro, Takeda Nobukatsu, cometeron seppuku.[6] Agora que os Takeda xa non figuraban no mapa, Ieyasu puido axudar a Nobunaga coa súa campaña para reunificar o Xapón. Pola súa axuda, Ieyasu recibiu o control da provincia de Suruga (incluíndo Sumpu) e as áreas que se delimitaban co clan Hōjō. Os Tokugawa e os Hōjō aliáronse, pois Ieyasu se levaba ben con Hōjō Ujinori, irmán máis novo da cabeza dos Hōjō, Hōjō Ujimasa.

En 1582, Ieyasu estaba quedando en Sakai, na provincial de Settsu, cando recibiu a nova de que Oda Nobunaga fora asasinado por Akechi Mitsuhide, cabeza do clan Akechi. Ieyasu dirixiuse cara a Mikawa, temeroso de poder ser asasinado tamén. Ieyasu non desexaba atacar o clan Akechi, mais os Tokugawa tomaron vantaxe da situación tomando Kai e Shinano. Despois dunha decisiva vitoria na batalla de Yamazaki. Hōjō Ujimasa, sentíndose ameazado, enviou tropas cara a Kai. Non obstante, non houbo batallas, os Hōjō e os Tokugawa fixeron axiña as paces. Para quedar en bos termos, Ieyasu deu aos Hojo terras en Kai e en Shinano. Ieayasu comezou a modificar a súa administración, baseándose no modelo dos Takeda, integrando o exército Takeda no Tokugawa. En 1583, os principais candidatos a tomar o mando do Xapón eran Toyotomi Hideyoshi (pai adoptivo do segundo fillo de Ieyasu) e Shibata Katsuie. Ieyasu mantívose á marxe neste conflito, e Hideyoshi derrotou a Katsuie na batalla de Shizugatake en 1583. Despois de que Shibata Katsuie cometese seppuku, Toyotomi Hideyoshi e o clan Toyotomi, convertéronse nos gobernantes do Xapón.

Ieyasu e Hideyoshi (1584-1598)

[editar | editar a fonte]
Taboleiro en que Hideyoshi e Ieyasu xogaron ao go.

En 1584, Ieyasu decidiu apoiar a Oda Nobukatsu, o fillo máis vello e herdeiro de Oda Nobunaga, en contra de Hideyoshi.

As tropas de Tokugawa tomaron o castelo tradicional dos Oda, o castelo Owari, polo que Hideyoshi dirixiu alí parte das súas tropas. A campaña de Komaki foi o único episodio en que os grandes unificadores do Xapón pelexaron un contra o outro. Durante esta batalla, Ieyasu obtivo a vitoria durante a campaña de Nagakute. Despois de meses de marchas infrutuosas e regateos, a guerra rematou por medio de diversas negociacións; primeiro fixo a paz con Oda Nobuo e despois ofreceulle unha tregua a Ieyasu. O pacto celebrouse a finais dese mesmo ano e un dos termos foi que o segundo fillo de Ieyasu, Ogi Maru se convertese en fillo adoptivo de Hideyoshi.

En 1590 Hideyoshi atacou o último daimyō independente do Xapón, Hōjō Ujimasa. O clan Hōjō gobernaba nese momento oito provincias na rexión de Kantō. Hideyoshi ordenoulle que se rendese á súa autoridade mais os membros do clan rexeitárono. Ieyasu uniuse cos seus 30 000 homes ás tropas de Hideyoshi, as cales atacaron diversos castelos situados nas fronteiras dos dominios do clan, sendo o máis salientable o asedio ao castelo Odawara, o cal caeu logo de seis meses. Hideyoshi ofreceulle os dominios que acababan de tomar dos Hōjō a cambio das cinco provincias que controlara ata ese momento na rexión de Kantō e este aceptou. Finalmente os principais líderes do clan Hōjō cometeron seppuku e Ieyasu tomou o control da rexión.

Despois de trasladar todo o seu exército e vasalos ao seu novo dominio, Ieyasu estableceuse no castelo Edo. Despois de poucos anos, Ieyasu converteuse no segundo máis poderoso daimyō de todo o país.

En 1592, Hideyoshi invadiu Corea como preludio no seu plan para atacar a China, mais as tropas de Tokugawa abstivéronse de participar na invasión. A comezos de 1593, Ieyasu foi nomeado por Hideyoshi conselleiro militar para a súa corte en Nagoya, onde pasou cinco anos no posto.

En 1598, Hideyoshi chamou a unha reunión para establecer o Consello dos Cinco Rexentes, un órgano que se encargaría de gobernar o país despois da súa morte ata que o seu fillo Hideyori tivese idade suficiente. Os cinco escollidos foron Maeda Toshiie, Mōri Terumoto, Ukita Hideie, Uesugi Kagekatsu e o mesmo Tokugawa Ieyasu.

A campaña de Sekigahara

[editar | editar a fonte]

Hideyoshi, despois de tres meses de convalecencia faleceu finalmente o 18 de setembro de 1598. Xa que Hideyori contaba con tan só cinco anos de idade, o Consello dos Cinco Rexentes tomou as rendas do país. Dende ese momento, Ieyasu dedicouse a establecer alianzas con distintos daimyō. En 1599, o máis ancián e respectado dos rexentes, Toshiie, morreu, polo que Ieyasu dirixiu o seu exército cara a Fushimi e tomou o castelo Osaka, residencia de Hideyori. Esta acción enfureceu os tres rexentes restantes, polo que en ambos os bandos se fixeron preparativos para a guerra.

A oposición cara a Ieyasu centrábase na figura de Ishida Mitsunari, un poderoso daimyō que gozaba do apoio dos tres rexentes e dalgúns daimyō do leste de Honshū, mentres que Ieyasu se aliou cos clans Date, Mogami, Satake e Maeda.

En xuño de 1600, Ieyasu e os seus aliados dirixíronse en contra do clan Uesugi, acusados de querer provocar unha revolta en contra da administración Toyotomi, mais antes de chegar aos seus dominios Ieyasu recibiu a información de que o exército encabezado por Mitsunari se dirixía na súa contra, polo que se desprazaron cara a Kyoto. A finais do verán dese mesmo ano, as forzas de Mitsunari capturaron o castelo Fushimi.

Mentres que o exército principal de Ieyasu marchou por Tōkaidō, o seu fillo Hidetada marchou con 38 000 soldados por Nakasendō. Unha batalla que sostivo en contra de Sanada Masayuki atrasouno, polo que non puido alcanzar o seu pai na batalla decisiva.

A batalla de Sekigahara comezou o 21 de outubro de 1600 cun total de 160 000 soldados en ambos os bandos e rematou cunha vitoria definitiva para o bando de Tokugawa. O Exército do Oeste foi completamente esmagado e en poucos días os principais líderes foron capturados e asasinados. A partir dese momento, Tokugawa Ieyasu converteuse no gobernante de facto de todo o Xapón.

Inmediatamente despois da vitoria en Sekigahara, Ieyasu redistribíu a terra entre os seus vasalos que o apoiaran. Ieyasu non tomou represalias en contra dalgúns daimyō do oeste como no caso do clan Shimazu, mentres que outros foron completamente destruídos. Toyotomi Hideyori perdeu case todos os seus dominios e foi degradado a un daimyō común, xa non como gobernante do país. Anos despois, os daimyō que lle mostraran lealdade antes de Sekigahara foron coñecidos como fudai daimyō, mentres que os que o fixeron despois foron coñecidos como tozama daimyō.

Shōgun Ieyasu (1603-1605)

[editar | editar a fonte]
Kamon do clan Tokugawa.

En 1603, Tokugawa Ieyasu recibiu o título oficial de shōgun a mans do emperador Go-Yōzei aos sesenta anos de idade. Ieyasu puido superar todos os grandes homes da súa época: Oda Nobunaga, Toyotomi Hideyoshi, Takeda Shingen, Uesugi Kenshin. Ieyasu empregou os seus anos restantes en crear e asegurar o shogunato Tokugawa (que se coñece como período Edo) e que perdurou máis de 250 anos, sendo o terceiro shogunato existente despois do shogunato Kamakura e o shogunato Ashikaga

Despois de establecer as bases do seu goberno, Ieyasu abdicou á súa posición oficial como shōgun en 1605, nomeando como o seu sucesor o seu fillo Tokugawa Hidetada, aínda que na realidade el mesmo continuou a asumir o centro do poder.

Ōgosho Ieyasu (1605-1616)

[editar | editar a fonte]

Aínda co título de Ōgosho (大御所おおごしょ, shōgun enclaustrado), Ieyasu continuou a manter o poder político do país. Ordenou o traslado da capital do país de Kyoto a Edo, ademais de supervisar a reconstrución do castelo Edo, o cal resultou o castelo máis grande de todo o Xapón, construción na que os daimyō de todo o país se viron obrigados a participar. Ieyasu tamén supervisou as relacións diplomáticas con España, Portugal e os Países Baixos, aínda que dende 1609 preferiu manter distancias con estes países, aínda que posteriormente aos Países Baixos lles foi aprobado un permiso para comerciar de xeito limitado en 1611 na cidade de Hirado. Dende 1605 ata o seu pasamento recibiu a asesoría do piloto inglés ao servizo dos neerlandeses William Adams, que exerceu como conselleiro nas relacións con España e a igrexa católica.

En 1611 encabezou unha delegación a Kyoto de 50 000 persoas para seren testemuñas da coroación do emperador Go-Mizunō, e ordenou a remodelación da Corte Imperial, e forzou os daimyō do bloque occidental a asinar un xuramento de lealdade á súa persoa. En 1613, promulgou o Kuge Shohatto, onde pon os daimyō baixo estrita supervisión, deixándoos como monicreques cerimoniais. En 1614 promulgou un edicto para a expulsión dos cristiáns, prohibindo a relixión completamente no país.

En 1615, preparou o Buke Shohatto, un documento que establecía o futuro do réxime Tokugawa.

Asedio de Osaka

[editar | editar a fonte]
Tumba de Ieyasu en Tōshō-gū.

A última ameaza existente para o seu goberno era Hideyori, lexítimo herdeiro de Hideyoshi, quen agora era un mozo daimyō que ocupaba o castelo Osaka. Moitos samurais que se opuñan a Ieyasu, uníronse arredor de Hideyori alegando que el era o lexítimo gobernador do país. Ieyasu ordenoulle que abandonase o castelo polo que comezou a recrutar simpatizantes. Os Tokugawa, baixo o liderado do Ōgosho Ieyasu e do shōgun Hidetada (fillo de Ieyasu) dirixiron un numeroso exército ao castelo no que se coñece como "o asedio de inverno de Osaka". Eventualmente, Tokugawa fixo un trato coa nai de Hideyori, Yodogimi e as tropas de Tokugawa comezaron a encher o foso con area, polo que Ieyasu regresou a Sunpu. Despois de que Hideyori se negase novamente a abandonar o castelo, o castelo foi asediado, no que se conoce como asedio de verán de Osaka. Finalmente, a finais de 1615 o castelo caeu baixo o exército dos Tokugawa e os defensores foron mortos, incluídos Hideyori, a súa nai Yodogimi e o fillo de Hideyori. A esposa de Hideyori, Senhime (neta de Ieyasu), foi devolta coa súa familia a salvo. Cos Toyotomi finalmente exterminados, xa non existían ameazas para a dominación dos Tokugawa do Xapón.

Morte de Ieyasu

[editar | editar a fonte]

En 1616, Ieyasu muriou á edade de 75 anos. O primeiro shōgun Tokugawa foi deificado postumamente como Gongen ou Gongen-sama. O nome gongen derívase do título divino Tōshō Dai-Gongen (あずまあきらだい権現ごんげん?), que significa un Buda que se apareceu baixo a forma dun Kami. Durante a súa vida, Ieyasu expresou o seu desexo de ser deificado despois da súa morte co obxecto de “proteger os seus descendentes do mal”. no mausoleo Gongen no templo Nikkō consérvanse os seus restos e o seu testamento.

[editar | editar a fonte]

No videoxogo de estratexia en tempo real Age of Empires III: The Asian Dynasties desenvolvido por Ensemble Studios e distribuído por Microsoft no ano 2007, Tokugawa Ieyasu é o líder dos xaponeses, non é un aliado moi xeneroso, nin tampouco é un inimigo compasivo.

Na serie de anime Saber Marionette Ieyasu Tokugawa é o nome dun dos seis homes que quedan varados no ficticio planeta Terra II despois da explosión da nave Mesopotamia que buscaba novos asentamentos para os humanos debido á sobrepoboación da Terra. El é o gobernante do país de Japanes durante 300 anos grazas á clonación de si mesmo.

No anime Sengoku Chōjū Giga Ieyasu Tokugawa é satirizado cun aspecto zoomorfo.[7] Tokugawa Ieyasu aparece na serie de comedia Nobunaga non Shinobi.[8]

  1. Turnbull, Stephen (2012). Tokugawa Ieyasu. Osprey Publishing. pp. 5–9. ISBN 9781849085748. 
  2. Turnbull, Stephen R. (1977). The Samurai: A Military History. Nova York: MacMillan Publishing Co. p. 144. 
  3. Screech, Timon (2006). Secret Memoirs of the Shoguns: Isaac Titsingh and Japan, 1779–1822. Londres: RoutledgeCurzon. ISBN 0-7007-1720-X, páx. 82.
  4. Sansom, Sir George Bailey (1961). A History of Japan, 1334–1615. Stanford University Press. p. 353. ISBN 0-8047-0525-9. 
  5. Turnbull, Stephen (1987). Battle of the Samurai. Londres: Arms and Armour Press. pp. 67–78. ISBN 0853688265. 
  6. Turnbull, Stephen (1998). The Samurai Sourcebook. Cassell & Co. p. 215. ISBN 1854095234. 
  7. ILCA Animates Sengoku Chōjū Giga Original TV Anime Series Premiering in October en Anime News Network (en inglés).
  8. Ninja Girl & Samurai Master 2nde (TV) en Anime News Network (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]