(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Wuhan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wuhan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWuhan
たけ (zh) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°35′14″N 114°17′17″L / 30.5872, 114.2881
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaHubei Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.326.518 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.438,48 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8.569,15 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Yangtzé Editar o valor en Wikidata
Altitude37 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Wuhan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoCheng Yongwen (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoWuhan Municipal people's Congress (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal430000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico027 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webwuhan.gov.cn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6070443

Wuhan (chinés simplificado: たけ汉市, chinés tradicional: 武漢ぶかん, pinyin: Wǔhàn shi) é a capital da provincia de Hubei, República Popular da China. Situada na confluencia dos ríos Yangtzé e Han, ten 8.310.000 habitantes. Entre 1925 e 1930 Wuhan foi a capital do goberno nacionalista chinés de Wang Jingwei oposto a Chiang Kai-shek.

En realidade Wuhan é a unión de tres cidades Wuchang, Hanyang e Hankou.[Cómpre referencia] A Torre da Grúa Amarela, construída no ano 223, é un dos símbolos da cidade.[Cómpre referencia] Sufriu un incendio en 1884 e unha reconstrución completa en 1981.[Cómpre referencia]

Wuhan é o centro xeográfico da China histórica, a metade de camiño na ruta norte-sur entre Pequín e Cantón, xusto no cruzamento do río Yangtzé, a gran ruta fluvial leste-oeste entre Sichuan (Chongqing) e a costa (Shanghai).

Primitiva cidade

[editar | editar a fonte]

Así, dende o 1500 a.C., ao comezo da dinastía Shang, establécese un centro de trasporte fluvial chamado Panlong (no moderno suburbio de Huangpi, ao norte da cidade actual), a primeira cidade daquela dinastía na cunca do río Azul[1].

Pertencente ao estado de Chu por tanto tempo coma o da dinastía dos Zhou Orientais (770 a.C.-221 A.C.), a cultura Chu converteuse no fundamento da actual na rexión da capital. No século III a.C., durante o período dos Reinos combatentes, construíronse dúas fortalezas en dous promontorios a cada lado do Yangtze: o da beira esquerda (oeste) semella unha tartaruga (Guishan), e o da beira dereita (leste) unha serpe (Sheshan) bebendo na auga. Na protección deste vai nacer a cidade de Wuchang e na do primeiro a de Hanyang.

Wuchang e Hanyang

[editar | editar a fonte]

No final da dinastía dos Han Orientais (25-220 d.C) xurdiu ao norte do Outeiro da Tartaruga un activo porto chamado Queyue (antecedente de Hanyang). Foi fortificado con murallas no 206. Por esa época (208), a épica batalla dos Cantís Vermellos, augas arriba do río Azul, marcou o fin da dinastía Han e o comezo do período dos Tres Reinos. En 222 Sun Quan, rei de Wu, move a súa capital a Xiakou (a base do seu exército na campaña militar) renomeándoa Wuchang, construíndo fortes e pazos e, no 223, cercándoa cunha muralla.[Cómpre referencia] Nese ano erixe a famosa Torre da Grúa Amarela (unha ducia de veces reconstruída), que domina ata hoxe o gran río dende o Outeiro da Serpe[2]. A vella Wuchang é unha cidade con estaleiros, metalurxia, cuñaxe de moeda e manufactura de porcelana branca. De calquera maneira, a partir do século IV, a capitalidade volta a Nanjing e as dúas cidades do curso medio teñen un lento desenvolvemento ata a época Tang (618-907) e Song (960-1279).

Foi despois que, durante a dinastía Sui, no 606, se fundase Hanyang, seica ó sur do Outeiro da Tartaruga e na beira norte do río Han, o maior afluente do Yangtze, que daquela alí desembocaba. O seu florecemento coma centro comercial e artesanal da rexión deu pulo ao enclave [1][Ligazón morta].

Na época da dinastía Yuan (1279-1368) Wuchang convértese en capital provincial do imperio e arrodéase de novas murallas [2][Ligazón morta] reforzando o carácter de centro administrativo que vai manter ata hoxe.

En 1474 o río Han cambia de súpeto de curso cara ao norte. Os suburbios máis setentrionais de Hanyang quedan separados, o que de feito constitúe o punto de partida dunha nova cidade, a terceira no lugar, que co tempo chamarase Hankow.

A engalaxe de Hankow como porto no século XVI e principalmente no XVII veu a expensas do repregue de Hanyang, cuxos anteriores barrios portuarios, agora entupidos, trasladaron alá a súa actividade [3][Ligazón morta][4].

O século XVIII non fixo senón confirmar a Hankow coma base portuaria de referencia no interior da China; o que no XIX a converteu, tralas Guerras do Opio (coa súa destrución xunto á de Hanyang pola rebelión Taiping en 1850 ) e o Tratado de Tianjin (1860), nunha das obrigadas prazas de apertura ao tráfico internacional con concesións estranxeiras asentadas ao longo da ribeira do Yangtzé [5]. Iso converteuna nunha metrópole cosmopolita [6].

A chegada do ferrocarril a fins de século acelerou o crecemento coma nó comercial de transporte.[Cómpre referencia] Tamén se iniciou unha forte industrialización: así, na banda de Hanyang instaláronse un arsenal e unha aceiraría (primeiro fito do futuro siderúrxico da área).[Cómpre referencia]

En 1911 tivo lugar en Wuchang a revolta que remataría o milenario imperio chinés, o derrocamento da dinastía Qin e a proclamación da República da China. Nas décadas turbulentas que seguiron, a cidade foi elixida brevemente (1926) coma capital da nación por unha das faccións, para o que se decidiu en 1927 unir as tres cidades históricas nunha soa entidade administrativa.[Cómpre referencia]

Trala proclamación da República Popular, o primeiro plan quinquenal reforzou o carácter de centro da industria pesada da cidade, e decidiuse construír a primeira ponte sobre o Yangtzé (1957).[Cómpre referencia] Coma peche dun círculo histórico o trazado elixido foi o que unía os Outeiros da Serpe e da Tartaruga [7][Ligazón morta]. Unha segunda ponte entre Hankou e Wuchang foi tendida en 1995 [8]Arquivado 05 de maio de 2012 en Wayback Machine..

Pandemia por coronavirus de 2019-2020

[editar | editar a fonte]
  1. Imaxe[Ligazón morta]
  2. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2013.