Beta é a segunda letra do alfabeto grego (βῆτα); equivale ao /b/, son oclusivo labial sonoro, e adoita transcribirse como b. O seu nome provén do da segunda letra do alfabeto feniciobēt. Como signo numérico representaba o dous. En maiúscula serve tamén para designar o segundo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o segundo da Odisea.