(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Eta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra eta.

Nome da sétima letra do alfabeto grego (ῆτたうαあるふぁ); equivale ao /εいぷしろん:/, un e longo aberto, sendo o e longo pechado grafiado como εいぷしろんιいおた. Minúscula ηいーた, maiúscula Ηいーた. Adoita transcribirse como e. Provén da letra do alfabeto fenicio hēt, que representaba unha faringal fricativa xorda; ao principio en grego foi adoptado como signo de aspiración, pero os xonios, falantes dun dialecto psilótico, onde desaparecían estes sons e quedaba sen uso este grafema, puidérona utilizar para marcar o e longo. Como signo numérico representaba o oito. En maiúscula serve tamén para designar o sétimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o sétimo da Odisea.

Véxase tamén:

[editar | editar a fonte]